Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 07, 2006

Ficción


Recibimos un interesantísimo comentario anónimo sobre un post anterior, que traemos á primeira plana porque o asunto o merece moito:

"Para incidir no tema do parking-centro comercial, gustaríame expoñer aos lectores deste blog un supoñer: supoñamos que se quere adxudicar unha obra pública que costa 15 millóns de euros a unha empresa concreta. Os procesos de contratación son públicos e transparentes, máis estando a oposición na mesa de contratos, logo, ¿como podo facer para conseguir da-la obra a dedo? Parece imposible, ¿verdade? Pois non, señores, nada máis sinxelo: quen fixo a lei fixo a trampa. Explícome:
1.- Fago o estudio económico de custes da obra dacordo coa empresa que quero que resulte adxudicataria.
2.- Poño no estudio que a obra custa 9 millóns de euros (xa sei q dixen q custaba 15, pero poño 9).
3.- Inicio o proceso de licitación. Só se presenta a empresa que eu quero, posto que os números non lle cadran a ningunha outra.
4.- Adxudico a obra á única empresa presentada, contra vento e marea (aínda q non contara con q a chapuza da empresa nin siquera saiba facer unha oferta cos mínimos requisitos legais).
5.- Ao non se presentaren máis empresas, podo declarar deserto o proceso e proceder ao procedemento negociado sen publicidade, que permite invitar a só 3 empresas, elixidas a dedo. Con este paripé, quedo ben ante a opinión pública: non será tan bó negocio que só se presentou unha empresa.
6.- Invito á empresa que me interesa, a única que se presentara, e a 2 máis que me diga a propia empresa, a ser posible controladas polas mesmas persoas ou grupo.
7.- Adxudico a obra á empresa que desde o principio me interesaba. Punto final. Obxectivo conquerido.

Agora pensarán, ¿e cómo é posible que a empresa a vaia facer por 9 millóns de euros se costa 15?¿son tontos os desta empresa?

Resposta demoledora (e o tempo dará e quitará razóns):
1.- A empresa empeza a obra, pero, cando teña a praza enteira levantada, resultará que ¡oh, sorpresa! os custes da obra dispáranse por motivos imprevistos: a excusa será o de menos: terá subido o cemento, o gasoil, ou a pedra baixo da praza será máis dura do previsto. Xa dixen que esta trampa xa está inventada.
2.- O Concello ante a disxuntiva de resolver o contrato coa empresa e deixar a praza levantada, non terá outro remedio que suplementar o presuposto, por suposto con cargo ao Orzamento municipal (cartos de todos os carballeses), por motivos "imprevisibles" e pola urxente necesidade de deixa-la praza en condicións de uso.
3.- A lei de contratos públicos só permite modifica-los presupostos dos contratos ata o máximo dun 20 % de sobrecuste, pero, ante dunha situación "urxente e imprevisible" coma esta, non lle custará moito ao governo municipal conseguir "informes técnicos" que avalen a solución como única viable.

Resultado:
1.- o meu amigo levou a obra.
2.- pagou 9 millóns por ela.
3.- os carballeses pagan todo ou grande parte dos outros 6 millóns, aforrándollos ao meu amigo.
4.- o meu amigo queda co mellor solar da vila durante non 40, senón 60 anos, porque os custes se dispararon e ten que obter rendibilidade.
5.- os carballeses, que se fo****.
6.- eu xa estarei retirado da política, ou contarei unha milonga calquera e quedareime tan ancho(Andrade); eu xa fun Alcalde, cando nunca tal pensara logo de tanto batacazo electoral, e os meus tragarán con todo con tal que poña a miña "honradez" por diante con cara de ofendido botándolle a culpa a Andrade (Ferrero); eu non me enterei de nada, porque era o "bombeiro" apaga-lumes entre os outros dous, e non teño culpa (Viña).

Perdón pola extensión, pero é a mínima imprescindível para expór o proceso dun xeito o máis diáfano posible para todos.
Agardo estar errado, pero moito me temo que non..."

¿Ficción?


Enlaces relacionados:

Sólo con pinzas

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Espero por el bien de todos que esto no sea la realidad, pero sí es cierto que parece que hay una intención de adjudicar a Surtiser que no se acaba de entender a no ser por esta retorcida explicación.... Pero esta torticera manera de actuar me remite a Andrade, "zorro" viejo que se cree que nadie adivina su manera de pensar... Se merece un batacazo electoral, pero el PP también, he de decir Su oposición es aburrida y catastrofista...... La verdad brilla por si misma, no necesitamos titulares apocalípticos en la prensa todos los días para darnos cuenta que el tripartito en muchas cosas no funciona.... A este paso, si es cierto que vuelve Acacio, no me quedará más remedio que darle mi voto, Daría risa si no fuera porque el panorama es la pura realidad.....

7/6/06 12:50

 
Anonymous Anónimo said...

hace falta estar MUY DESESPERADO para dar el voto a Acacio. Hay opciones mejores de voto sin dar el voto al gobierno.

7/6/06 17:29

 
Anonymous Anónimo said...

Acacio va de frente, no como otros hipócritas que cambian su discurso dependiendo si están en la oposición o gobernando por accidente.
¡¡¡No a los cambalaches, triunviratos y menages a trois!!!!

8/6/06 09:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner