Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 06, 2006

Calor infernal


Hoxe a noticia non ven da política, nin da cultura, nin dos sucesos, nin da vida social de Carballo. Hoxe, como nas últimas datas, e semella que tamén nas vindeiras, a noticia é a onda de calor sahariana que está a barrer Galicia.

Temperaturas máximas por riba dos 30 graos, e mínimas de ¡20 graos! están a converter esta semana na máis calurosa do ano, e un auténtico suplicio para todos aqueles carballeses que non desfruten de aire acondicionado, ou que teñan que moverse moito polas rúas.

Para combatelo, moita hidratación, andar pola sombrita, visitas a Razo e Baldaio para os que poidan, e coidadiño co sol, que pode facer moito dano.

O curioso é que, para máis inri, dase a casualidade de que hoxe, martes, é o día 6 do mes 6 do ano 2006: o número da bestia, 666, para os susceptibles a estes asuntos. Non faltará quen asocie este feito coa calor, propia do inferno, que estamos a padecer.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner