Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 05, 2006

Indignación e preocupación


Eses son os sentimentos que nos ocupan a tódolos bergantiñáns logo do suceso desta fin de semana, onde un xoven malpicán de 25 anos foi asasinado por uns descoñecidos con pasamontañas, que detiveron o seu vehículo nunha estrada secundaria de Ponteceso a Coristanco.

Aínda que a primeira impresión apuntaba a un axuste de contas por narcotráfico, esta posibilidade desbotouse porque o asesinado non tiña vínculo algún con este mundo. Por outra parte os asaltantes falaban en galego, de modo que tampouco poden ser bandas de delincuentes foráneos. Así as cousas, segundo podemos ler na prensa, a garda civil pensa que a arma puídoselles disparar ós autores do crime, que en principio só pensarían en cometer un roubo, e o delegado do goberno desbota a posibilidade de que se trate dunha banda organizada. Pero eso dende logo non pode tranquilizar a ninguén.

O sepelio tivo lugar onte, e hoxe ás 11 da mañá celébrase un funeral na igrexa parroquial de San Tirso de Vilanova, parroquia natal do falecido, Gerardo Martín Rey Pose. Tiña só 25 anos.

Este suceso ocorre pouco despois de que saltara á luz pública o dato de que Carballo e Boiro son os lugares da provincia onde máis aumentan os delitos (o que desmentiría os datos triunfalistas proporcionados polo goberno municipal carballés poucos días antes), mentres que a presencia de efectivos de seguridade non se corresponde en absoluto a esas estatísticas.



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Efectivamente tenemos un problema muy serio.
¿qué importa lo que nos digan desde el gobierno si estamos hartos de ver y saber que este pueblo no es seguro, los delincuentes campan por sus respetos y la fama nos precede?
Pero mientras haya gente que se atreva a jugar con este tema y, en su linea propagandística habitual, decir que los informas y porcentajes demuestran que Carballo va bien, estamos jodidos. Siga así, señor alcalde, estaremos de jichos hasta las orejas pero con las estadísticas perfectamente maquilladas.

5/6/06 10:48

 
Anonymous Anónimo said...

Eso de jichos gustoume, nós tamén lle chamábamos quijos ou quinquis.
Agora non esisten, Carballo é un paraíso onde o deporte, a cultura e a poesía son os roteiros que percorremos.
¡Viva o señor Alcalde e viva Harry Potter!

5/6/06 11:18

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner