Fútbol Dixital
“A competencia agudiza o inxenio” e “Se non podes co teu inimigo, únete a el”. Algo así deberon de pensar os responsables de Coruña Films, que xestionan os Multicines Bergantiños, ante a amenaza que para a asistencia de espectadores supón chegada do Mundial de fútbol de Alemaña 2006.
Porque onte liamos no Diario de Bergantiños unha orixinal e acertada iniciativa que se vai desenvolver nos cines do Halley durante o Mundial: vanse ofrecer tódolos partidos do mundial, en pantalla xigante e con imaxe e sonido dixitais.
Segundo se informa no xornal, pódense conseguir bonos para os partidos da primeira fase, para os partidos da segunda fase, ou para os 27 partidos que conforman todo o campionato. A idea conta co patrocinio de Coca-Cola e Caixa Galicia, entre outros, e inclúen o regalo de camisetas ós asistentes.
A novidade tecnolóxica do asunto, ademais das dimensións da pantalla e o sonido envolvente, é que se trata da primeira vez en Carballo, e unha das primeiras en Galicia e España, en que se poderá desfrutar do reproductor DCI, que emite cine con calidade dixital. Vamos, que se non ides a Alemaña, no cine podedes vivir o mundial coma se estivesedes no Olímpico de Munich.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home