Rotonda provisional
O certo é que nesta páxina non nos caracterizamos por cortarnos á hora de censurar a labor dos gobernantes. E no caso de Manuel Andrade temos sido bastante contundentes nas últimas datas, e probablemente deberiamos telo sido máis.
Pero como hai que dar ó César o que é do César, temos hoxe que felicitar a idea de colocar unha rotonda provisional no cruce múltiple da rúa Gran Vía coa Vázquez de Parga. Sen dúbida é un dos puntos máis conflictivos do cada vez máis complicado tráfico carballés, e facía tempo que estaba a pedir a berros unha solución.
Polo pronto, o que se ten feito é simplemente colocar uns bloques de xeito provisional, á espera da posición definitiva, pero a nós danos a sensación de que está a funcionar bastante ben, aínda que tamén temos escoitado críticas polos problemas para xirar dos autobuses.
¿Qué vos parece? ¿Tedes usado xa a rotonda? ¿Credes que vai ser unha boa solución? E por último, ¿vaise anotar o mérito só Andrade, ou vai participar tamén o BNG?
6 Comments:
Noraboa ao Sr. Andrade, ainda que teña que ser por unha vez soa. Espero que o mérito se quede no César, pero seguro que o máis florido dos "triunviros" se apunta a este bombardeo, coma sempre.
Por outra banda, se ben a idea é moi boa, a situación da rotonda paréceme errada, posto que debera situarse un pouco máis cara ao concesionario da OPEL e o cruce dos hipermercados, co que quedaría solventado o problema de xiro dos vehículos longos, problema que, coa situación actual da rotonda, é irresoluble.
De todos os xeitos, supoño que a solución definitiva terá en conta as indicacións dos enxeñeiros de tráfico.
En definitiva, por esta vez, noraboa pola idea, Sr. Andrade (e só el).
30/5/06 13:09
No esoty de acuerdo, pienso que es otra metedura de pata de Andrade, como la rotonda de la calle del Sol (por cierto, reconoció que estaba mal, pero allí sigue, donde siempre).
En este caso, la mediana de hormigón de la rotonda (porque en realidad eso es el bordillo de iunos 20-30 cm. de altura que pusieron dividiendo los carriles) va a servir para que pronto alguien se "esnafre" contra ella. Y si no, al tiempo. Es peligrosísima, y no sé de dónde habrá sacado la idea, porque no se me ocurre ninguna rotonda en que se haya hecho lo mismo. Otra de sus "felices" ocurrencias.
30/5/06 13:39
si, a rotonda é un logro bastante necesario e importante, agora andrade xa pode mirar tranquilo pola súa fiestra da casa que da xusto enfrente da rotonda e poderá dicir aquelo de...xa me podo xubilar tranquilo da politica que xa cumplin...bueno non, inda podo pactar co PP para as proximas e seguir vivindo ben
30/5/06 23:00
a´hí está a cuestion, creo que acabas de dar no clavo a este post,
xa o PP empeza a falar ben de andrade, é o mesmo que decir que xa sabe que non vai a ter maioría absoluta nin de coña e empezalle a facer as beiras a Andrade,
como sempre decides, o poder é o poder
31/5/06 09:57
Pois eu penso que o cruce está moi perigoso. Sobre todo vindo da Gran Vía cara a Bértoa. Aí cando te incorporas á xeral non hai xa rotonda. Se a regla da rotonda é ceder o paso candoaos que están dentro Qué fan os da Gran Vía que a deixan detrás ao incorporarse? Dúas veces que pasei por aí e dúas veces que casi me come un que viña a toda pastilla pola Vázquez de Parga cara a Bértoa. Penso que ten razón o post que di que hai que movela de sitio cara á Opel, ou sinalizala mellor, porque boa verdade é que as sinais do chan tamén provocan confusións.
31/5/06 19:06
tranquilos todos, que para o ano que ven vai haber bipartito, e xa non haberá críticas en carballo dixital, todo vai ser mais bonito, xa veredes.un saudo para os de novas xeracions eh
1/6/06 12:34
Publicar un comentario
<< Home