Enerxías alternativas
Unha iniciativa moi interesante a que durante os últimos tempos está a desenvolver Axober. Mañá será inaugurada a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético. Será ás 5 da tarde no Pazo da Cultura, coa asistencia do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e por suposto do alcalde de Carballo.
Dentro das actividades, e ademais de diferentes charlas, ofreceranse 2 exposicións, “A través das enerxías” (na segunda planta do Pazo) e “Enerxías Renovables” (nunha carpa exterior), que mostrara os productos de 15 empresas do sector entre as que se atopan algunhas da nosa vila. As charlas do primeiro día correrán a cargo de Manuel Caride González (enxeñeiro técnico industrial da Dirección Xeral de Industria), que falará sobre o marco lexislativo das enerxías renovables, e Nicolás Vázquez Iglesias (físico e enxeñeiro industrial do Inega), que o fará sobre a situación actual e das perspectivas do sector en Galicia.
As xornadas durarán 4 días e contarán coa asistencia confirmada de 250 persoas, pero os interesados aínda están a tempo de solicitalo ata mañá pola mañá. Noraboa a Axober, e oxalá que de aquí poidan saír boas ideas para aforrar enerxía, protexer o medio ambiente, e para que as empresas de Carballo poidan competir mellor e participar deste novo mercado. Con ideas coma esta é como se fomenta o progreso.
(P.D.: admítense apostas sobre quén vai capitalizar as fotografías do xornal do día seguinte)
5 Comments:
Pois sairá os do BNG, claro, para eso son os que están governado nas institucións que poñen os cartos,
Inega, Industria e Concello de Carballo, si si, o ALcalde de Carballo tamén é o do BNG, por eso é el quen sae nas fotos, porque é o ALcalde,
Por certo, canto mais lle dades mellor o paso, a verdade é que é divertido ver o mal que o pasades, menos mal que a vila está mais tranquila e máis contenta senon esto sería a ostia,
ala, a disfrutar eh
24/5/06 21:16
Juas, juas, juas
El texto del artículo dice: "admítense apostas sobre quén vai capitalizar as fotografías do xornal do día seguinte". Sin más.
Y el comentarista anterior ya salta como un resorte a defender al BNG. ¿Por qué será que los das por aludidos? Es que me parto.
25/5/06 09:55
Sí, tienes toda la razón amijo, todo está mucho más tranquilo con Evencio y sus cachorros en la poltrona. Entre todos, y sobre todo gracias a ellos, está garantizada la paz social que ellos mismos se encargaban de alterar.
A mí también me encanta y me divierte comprobar las tragaderas de esa pandilla de presuntos "íntegros-integristas". Pueden con todo: ilegalidades varias, inoperancia, pésima gestión (por no decir ausencia de la misma), misa dominical, procesiones, autopista de peaje y todo lo que os podáis imaginar para su insaciable garganta profunda.
¡Que continúe el espectáculo para diversión de unos y bochorno de la mayoría!
25/5/06 11:00
Xa vin os xornais, e nas fotos salen as autoridades do acto, con algunhas excepcións de fotos que non teñen prezo Ou é que a imaxe de Andrade nun sillón de masaxe que sale no Diario ten prezo? Esto é como o do anuncio de mastercard Lástima que saia tan pequena Por outra banda, quén saiu nas fotos o ano pasado? Pois Yuste, o que era conselleiro de Industria Nos xornais saen as autoridades, ou quen queredes que saia???
26/5/06 17:31
Hay cosas en la vida que no tienen precio, para todo lo demás, Mastercard...Muy agudo el que dejó el anterior post. Sólo un "pequeño matiz":
Andrade sí tiene precio y es el que le paga Evencio por diversas vías, entre ellas, y como peaje por mantenerse en el sillón de alcalde, un sueldo elevado que, lejos de desaparecer llegada la jubilación, se incrementa puntualmente.
29/5/06 11:45
Publicar un comentario
<< Home