Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 23, 2006

Circo en Carballo



(Diariamente, e tamén) cada certo tempo, temos a ocasión na nosa vila de desfrutar do maior espectáculo do mundo. Os días 26 e 28 de maio, e “no sitio de costumbre” Carballo acolle unha vez unha representación do circo.

Os inevitables paiasos, domadores, malabaristas, e como gran atracción especial e por primeira vez, tigres brancos, nada menos. Así que para os máis cativos que non puideran antes asistir a un espectáculo coma este, non deixen de perderse o acontecemento. Nas principais rúas da vila hai carteles colgados con toda a información dos artistas en cuestión.

P.D.: Palabra que esta noticia é real. Desta vez non imos con segundas.


Enlaces relacionados:

¡Despiporrrrrrre!

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner