Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 23, 2006

¿Chegou a súa hora?


Pregunta importante. Logo do fiasco da apertura da oferta da única sociedade presentada ó concurso do parking-centro comercial da praza, o Concello debía requerir á empresa Surtiser SL que completase a documentación que lle faltaba no prazo de 3 días.

O certo é que a apertura levouse a cabo o día 11 de maio, que xa estamos a 23, e que non temos noticia da data en que se requeriu á sociedade nin da data en que expiraba o prazo para presentala, pero non debe de andar lonxe (por certo, ¿ampliáronlle deliberadamente o prazo demorando a notificación para que Surtiser tivera máis tempo para xuntar a documentación que lle faltaba? Resulta sospeitoso que, tendo un prazo de 3 días, 12 días despois aínda non se saiba nada). Así pois, emoción, intriga, dolor de barriga.

¿Será certo o que dicía o PP de que a documentación podería non ser subsanable? ¿Veremos máis capítulos deste culebrón? ¿Qué pasará se a documentación non chega e o concurso queda deserto?

Con este panoramo non é difícil imaxinar a Charles Bronson tocando a harmónica mentres otea o horizonte ante a chegada de Henry Fonda: wuawuawuaaaaaaawuaaaaaaa.


Enlaces relacionados:

El día D

El Guateque


¡Despiporrrrrrre!

El proyecto estrella-do del ejecutivo carballés



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner