Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, mayo 19, 2006

O PP pide que se investiguen facturas


Os populares carballeses presentaron no Concello unha moción na que solicitan que se convoque a Comisión Especial de Contas para "analizar todas as facturas e gastos aprobados pola Xunta de Goberno Local dende o 2 de xaneiro ata o 24 de abril de 2006, a fin de determinar cales deses gastos deberan integrar o recoñecemento extraxudicial de créditos aprobado en data 24-4-2006."

O motivo desta petición é que o alcalde recoñeceu no último pleno, segundo o PP, que era unha práctica habitual do seu goberno trasladar gastos dun exercicio a outro, o que "é ilegal, xa que o artigo 60.2 do R.D. 500/1990, que desenvolve a Lei de Facendas Locais en materia de presupostos, establece que a aprobación desas facturas lle corresponde exclusivamente ó Pleno da Corporación. Pero o alcalde asume con tanta alegría as ilegalidades que incluso as presenta como un mérito de xestión."

Esa práctica ocasionou...unha reducción "ficticia" do recoñecemento extraxudicial de créditos, según di o PP, que acusa ó alcalde de "trata[r] de colgarse medallas que, como el mesmo demostrou despois, non lle correspondían, senón todo o contrario."

Para a oposición, "aparte da ilegalidade e o engano que supón, esta práctica trae como consecuencia a vulneración do principio presupostario de anualidade (os presupostos convírtense en ficticios, toda vez que parte deles xa están gastados de antemán sen ningún tipo de control), e outros resultados indesexables, consistentes nos prexuízos que se causan ós contratistas e proveedores cos que o Concello contrata sin que existan fondos para elo, obligándoos a esperar moitos meses para poder cobrar; así como a situación contraria, tratos de favor a determinados contratistas ou proveedores, que, encontrándose na mesma situación, cobran antes que outros que deberán esperar á aprobación do recoñecemento extraxudicial."

En palabras do catedrático de economía aplicada Xosé Carlos Arias (“Cuentas públicas y contabilidad creativa”): “Casi lo más preocupante sería lo chusco del procedimiento: se trasladan gastos no contabilizados al ejercicio siguiente, y a otra cosa. Un recurso que pocos honrados cabezas de familia usarían al ordenar sus cuentas, y que recuerda ciertos comportamientos piramidales, tan de moda.” (Precisamente a foto que ilustraba o noso post relacionado co asunto era a mesma portada dun libro chamado "Contabilidad creativa" que agora volve a esta noticia).

"En resumo, engánase á cidadanía, faise un uso fraudulento dos presupostos municipais, prodúcense desigualdades de trato e frústrase a confianza dos cidadáns."

Por iso, o PP pide que se convoque a Comisión Especial de Contas, "facultándoa para convocar a calquera concelleiro do equipo de goberno para que rinda contas da súa xestión e informe da data en que comprometiu cada un deses gastos."


Enlaces relacionados:

Artificios contables

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner