Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 16, 2006

La Sexta


Xa recibimos en Carballo a sinal da nova canle de televisión xeneralista en aberto. Xusto na mesma frecuencia con que ata agora sintonizabamos TeleCoruña, podemos ver a sinal da cadea que posúe os dereitos para retransmitir os partidos do Mundial de fútbol de Alemaña. Se aínda non a tedes localizada, buscádea porque ha de andar por aí.

“La sexta” é un proxecto común de varias productoras con longa tradición de éxitos televisivos, entre as que destacan as presididas por Andrés Buenafuente, Emilio Aragón ou Carlos Arguiñano.

Na súa web (www.lasexta.com) podedes obter a información que desexedes sobre a súa programación e proxectos, que están cheos de caras coñecidas, coma o Gran Wyoming, Olga Viza, Helena Resano, ou o tradicional equipo de Florentino Fernández. Aínda que, como todo o mundo sabe, o plato forte será o mundial de fútbol, e con tal motivo a cadea leva dende os seus inicios lembrando partidos lexendarios das anteriores edicións da copa do mundo. Pagan a pena.

Pois nada, a ir gardando sitio, cervexas e bufandas de cara ó mundial.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner