Praza do Concello: O PP anuncia “unha intensa campaña” para dar a coñecer a súa alternativa
(Como adoita dicirse, “a buenas horas mangas verdes”. Aínda que, mirándoo doutra forma, tamén valerían “nunca es tarde si la dicha es buena” ou “ más vale tarde que nunca”. Somos moi escépticos sobre o efecto que, a estas alturas, poida ter esa “intensa campaña” nunha población tan apática coma a de Carballo. Pero, en fin, por seguir con refráns, "a esperanza é o último que se perde").
Ese foi un dos acordos da reunión celebrada o luns polo Comité Local do partido. O PP volve a recordar os seus argumentos (xa explicados na revista Carballo Popular do mes de decembro), que básicamente se resumen en que se cede unha praza pública a unha empresa privada por 40 anos, ampliables ata 60; que se perderán máis de 800 metros cadrados de espacios libres e tamén os aparcamentos gratis na superficie e as feiras que existían ata agora.
Volven a criticar o que para os populares supón “cederlle a nosa praza a unha empresa privada para que monte o seu propio centro comercial e xestione toda a praza como lle pareza, e por se fora pouco, todos contribuiremos ó seu negocio con 380 millóns de pesetas que pagaremos a través do Concello”. Tamén acusan ó goberno de vulnerar a Lei de Contratos das Administracións Públicas por esixirlle á única empresa que se presentou un simple anteproxecto.
O PP ofrece a súa alternativa, consistente…na “construcción dun edificio comercial, que albergaría os concesionarios do actual mercado de abastos xunto cun centro comercial, mediante inversión totalmente privada”. Canto ás ubicacións posibles, o PP ofrece dúas: “nunha parcela, na prolongación da rúa Cervantes, que se recalificaría para incluir dotación comercial e aparcamento gratuito en superficie; ou ben no polígono número 26 a carón do Rego da Balsa e da rúa Perú, na parcela que obligatoriamente teñen que cede-los propietarios.” O PP destaca que “en ámbo-los casos non costaría nada ós carballeses, xa que, nese senso, hai que lembrar que o proxecto do governo local terá un custo de máis de 300 millóns das antiguas pesetas.”
Enlaces relacionados:
El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)
Aberración evitable
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home