+ formigón - herba
Recibimos un comentario anónimo no post titulado "Sentinazo", que non ten nada que ver co mesmo pero que consideramos un asunto importante do que, sin embargo, non se oe falar nos medios de comunicación, e por iso o traemos á portada do blog.
Referímonos á intención do goberno local de construir unha nova Escola Infantil nos terreos destinados a patio do Colexio Bergantiños, achicando así o espazo para o xogo e outras actividades non lectivas pero si formativas. O goberno vai ó fácil: en lugar de comprar terreos, regalállos ó que queira facer negocio coa Praza de todos; en lugar de comprar un solar para facer a Escola Infantil, cómelle terreo ó Colexio Bergantiños.
Este é o comentario:
Unha do que máis chama a atención dos colexios públicos é os espazos ao aire libre que normalmente adoitan ter.
Todos que vivimos en Carballo, na zona do colexio Bergantiños, vimos que ata tiña campo de futbol, pistas de balón cesto e espazos para facer un invernadero.
E que casualidade que os políticos no canto de comprar terreo para aloxar novos servizos, aos poucos coméronse ese espazo que facía a este colexio a envexa de todos.
Hoxe é o día máis triste para todos os veciños do barrio, no pouco espazo que queda van poñer unha escola infantil de 8 unidades. ¿que vai quedar para patio? ¿É que non poden comprar terreos para que o colexio teña os seus espazos libres de ladrillo?
Señora directora do CEIP Bergantiños, como se nota que vostede non é do barrio, nin ten fillos, como permite que os políticos sigan roubando ese terreo e énchenllo de formigón. Veciños do barrio non consintais que vos cambien a herba por formigón, políticos comprade terreo e non sigades utilizando terreo dun colexio, que serve de esparcimiento para todos os nenos, novos e vecindario.
¡¡Non máis ladrillo!! ¡¡queremos máis herba!!
(Por favor, lembrade que esta páxina está á vosa disposición. Se queredes enviar algunha noticia ou comentario que non estea relacionado cos post que publicamos, podedes facelo por email: carballodixital@gmail.com).
11 Comments:
claro e a xente que teña un par de nenos tera que levar o maior o bergantiños e o outro o solar donde edifique o concello que estara nas aforas de Carballo. "todos coñecemos como funciona a especulación e mais sabendo que o concello quere eses terreos, e a medida tan impopular que e expropiar"
8/5/06 23:25
juajuajua, e amiga miña da alma querida, como é que vostede se preocupa agora que so se vai coller una pequena parte para unha guardería e non levantou a voz cando se instalou alí o mastodonte da Piscina,
ahiahiahi, si é que cando un fai cousas sempre lle fstidia a lagén,
cachis
9/5/06 10:53
Qué pasa?? Ya tenéis asumido en el catecismodemantenimientodesillónatodacosta que las medidas impopulares como expropiar no se pueden aplicar??
¿Por qué supones que los padres de un par de nenos van a llevar a uno al colegio bergantiños? Quizá lo normal será que ese vecino de la zona lleve a un hijo al bergantiños y el otro a as landras, que le queda cerca.
¿Te planteaste que la guardería podria estar hacia Bértoa o hacia la Milagrosa, por aquello de "repartir", dinamizar...? ¿O será que el alcalde y sus amigos se concentran en torno al colegio bergantiños, incluida su directora?
Uy,uy,uy qué mal me huele...
9/5/06 11:40
Pues lleva razón, no había caído en ese detalle, nos están vendiendo la moto, ladrillos por esparcimiento.
No se puede pedir ayuda a los del PP, pues ellos fueron los primeros que se comieron el patio con el polideportivo y después la piscina. ¿Qué dicen los padres de alumnos del Colegio? y las asociaciones de vecinos.
Gracias por darnos una visión distinta.
Guarderías SI, pero no a costa de las zonas de esparcimiento de los alumnos de los centros públicos.
9/5/06 12:04
eu non levo o meu fillo a garderia a milagrosa nin tolo e menos o colexio xa sabemos que baixa ata ali
9/5/06 12:37
Penso que o fondo do asunto é que o Concello non ten pasta para comprar terrenos, como non a ten e a guardería na carretera de Razo (nun sitio nefasto no que sí que non hai espazo ao aire libre para xogar, por certo) esta máis que sobre saturada con longas listas de espera, o máis barato e rápido é facelo no Bergantiños e así solventar o problema que están a ter moitas nais que non poden pagar "Os pequerrechos", por exemplo. Poderá un estar dacordo ou non, pero creo que, como sempre, o que manda é o money.
9/5/06 13:26
Penso que edificar en terreos pertencentes ós colexios, debería estar prohibido, pois os políticos con tal de poñerse medallas, non miran o prexuízo que se fai.
Os nenos que acoden ó Bergantiños ven que pouco a pouco se lle están
comendo o patio que é un espazo tan importante como as aulas, e iso o sabe moi ben todo o profesorado. Pero están mudos, sordos e cegos ¿a cambio de qué?.
A zona do Bergantiños pouco a pouco está a quedar con asfalto e
ladrillos, non hai un xardín público, non hai zona de esparcemento para os nenos, o único espazo que quedaba é o patio do colexio e se cada corporación come un anaco, os nosos nenos nin as da escola infantil terán onde xogar.
Podías pregunta-la directora ¿Cántos metros vai ocupar e cántos lle van quedar?
¿Cantos nenos hai no centro e que porcentaxe de espazo queda por neno?
Iso é o que nos debe importar, pero os políticos cómennos a vontade,dicindo que van facer unha escola infantil, a costa do patio dos nosos fillos.
9/5/06 14:11
Agora hai que recordar a historia de cadaquén.
Non foi o evencio quén no 2002 fixo a "pinza" con Pallas e Acacio para impedir que a actual guarderia tivera 8 unidades?
Vale que o sitio non é boo. Pero é de propiedade municipal e polo tanto válido para utilizar e dende logo o que importaba de verdade, por riba do enfrentamento político, era que mais nenos poideran beneficiarse de ese servicio.
Cada un debe defender as suas posicións e incluso cando unha decision de "outro" non goste ou non sexa a mellor, hai que por por riba da loita electoral, o ben común. E non hai nengunha duvida que xa de facela era moito mellor que tivese mais unidades, así agora o problema, seguiría existindo, pero ó menos haberia menos nenos esperando plaza.
hai que pensar SEMPRE no beneficio colectivo.
9/5/06 21:23
Money,money, money,listas de espera ¿qué lista de espera?
¿non será que os que teñen money mandan ós seus fillos á guarderia publica e os demáis temos que pagar nas privadas?
Non sei quen fai a seleción dos nenos que poden ir á guardería pública pero polos audis que aparcan alí non deben andar moi mal de cartos. Igual o concello ten que facer mais control e non permitir que vain alí os fillos dos enchufados e haxa lista de espera para os demais.
9/5/06 23:15
non digades parvadas esto e cousa dunha nai histerica eu estudie na de pallas (Leus) e tiñamos menos sitio que na Bergantiños teñen sitio de abondo
19/5/06 09:22
E miña nai non foi á escola e criou catro fillos, e é máis lista que moitos.
¿seguimos decindo parvadas e fomentamos o exemplo da miña nai?
¿non será hora de tratar de mellorar?
20/5/06 16:38
Publicar un comentario
<< Home