Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, mayo 07, 2006

Aberración evitable


O PP fixo público un comunicado sobre a próxima reunión da Mesa de Contratación do Concello de Carballo para adxudicar a concesión do parking - centro comercial da Praza. Saudamos que se facilite a información que ó goberno non lle interesa dar. O texto íntegro é este:

Segundo nos enteramos pola prensa, parece ser que a reunión da Mesa de Contratación que examinará a única oferta do Parking-Centro Comercial terá lugar o día 11 de maio. Unha vez máis, o goberno municipal informa á prensa antes que os representantes políticos que formamos parte dese órgano municipal, facendo gala do seu habitual desprezo ó grupo maioritario da Corporación. Pero o máis grave non é iso, senón que se pretenda manipular escandalosamente á opinión pública dando información sesgada e incompleta.

Así, é escandaloso que se diga que o Concello só terá que aportar 300.000 euros. Esa cantidade é somentes a que figura nos Presupostos municipais deste ano, para facer fronte (segundo informou no seu día o concelleiro de facenda) á parte de obra que a empresa concesionaria poida certificar este ano. Pero ocúltase que a aportación total do Concello, segundo o Prego de Cláusulas do concurso, ascende a 1.468.250 euros, cantidade á que hai que sumar o xa gastado polo concello no túnel da rúa Coruña para darlle saída ó parking soterrado, e que supón outros 600.000 euros, máis o aluguer provisional dun almacén para a Brigada de Obras, … En total, 2.281.964 euros, ben lonxe deses 300.000 euros cos que queren enganar ós cidadáns.

Tamén falta á verdade o goberno (unha vez máis), cando da por sentado que só cabe adxudicar a concesión ó único licitador presentado. Non é certo. O Concello pode anular a concesión sen ningún tipo de indemnización ó licitador, ó que únicamente habería que devolverlle a fianza prestada.

Dacordo co prego de condicións, desde que se abra a oferta do licitador, antes da adxudicación o Concello dispón de ata 9 meses para declarar deserto o concurso. E aínda despois de adxudicado, o Concello pode resolver (anular) o contrato: despois de adxudicar o contrato, e antes de que o concesinario poida presentar o proxecto, o prego establece que haberá UN MES DE EXPOSICIÓN PÚBLICA do anteproxecto, para que poidan formularse alegacións e observacións (trámite importantísimo, que astutamente non se menciona polo grupo de goberno).

Unha vez transcorrido ese mes,... “el Ayuntamiento, a la vista de las alegaciones y observaciones, resolverá sobre la aprobación del anteproyecto o la resolución del contrato, procediendo en este último caso a devolver las fianzas y el coste de redacción del anteproyecto presentado, sin que haya derecho a indemnización alguna.” (segundo consta no Prego de Cláusulas).

É decir, que tamén despois da fase de exposición pública cabe resolver (anular) o contrato sen que o concesionario teña dereita a indemnización.

Se o concello decide aprobar o anteproxecto, o concesionario dispón de 3 meses para presentar o proxecto definitivo. E unha vez empecen as obras, establécese un prazo de 24 meses para rematalas, con posibilidade de prórroga.

Este é o procedemento establecido, que, como vemos, parécese pouco á idea de feitos consumados ou situación irreversible que trata de presentar o goberno municipal. A finalidade do tripartito está clara: tratar de que os carballeses non se movilicen e se resignen ó supostamente inevitable. Sin embargo, esta aberración aínda é evitable.


Enlaces relacionados:

Publicada no DOG a aprobación definitiva da modificación urbanística da Praza do Concello

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner