Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 28, 2006

¿Qué é o normal?



O post titulado "Anormalizar" suscitou un comentario enviado por M. D. que publicamos íntegramente a continuación:

Encontrei accidentalmente un post no seu blog titulado "Anormalizar" que non entendo, nin comparto, nin podo compartir.

Non sei cales son as funcións que ten o normalizador de Carballo; tampouco sei se en Carballo existe un regulamento ou ordenanza do uso do galego como existe en concellos como Arteixo, Melide, Ribeira, Santiago, Pontevedra, Vigo, Muros, etc. O lóxico e habitual é que neste regulamento ou ordenanza aparezan reguladas as funcións do departamento de normalización.

Estes departamentos ou servizos de normalización existen en moitos concellos galegos desde que no ano 1991 a Xunta de Galicia, desde a Dirección Xeral de Adm. Local, comezase a convocar unha liña de subvencións para o seu mantemento. Estas axudas aínda siguen na actualidade.

Ademais, nos últimos anos, as deputacións manteñen tamén uns convenios con moitos concellos para contratar persoal e manter estes servizos de normalización.

Tanto nas axudas da Xunta de Galicia convocadas desde o ano 1991 como nos convenios da Deputación da Coruña fíxase da mesma maneira cal ten que ser o labor destes servizos. Tanto nunha convocatoria como noutra dise textualmente:

"Os gabinetes ou servizos municipais de normalización lingüística deberán cumprir a seguinte misión:
- Velar porque sexa aplicada a Lei 3/83, de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei 5/88, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego de actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informativas, mocións e traduccións de tódolos impresos oficiais en lingua galega.
- Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos.
- Impulsar a normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública."

Ademais, o persoal contratado debe ser licenciado en filoloxía galega ou mestre especialista en galego.

Polo tanto, non sería lóxico que un normalizador traducise textos de galego para castelán,...pois non pode ser, en ningún caso, a súa función.

Ademais vin no seu blog comentarios anónimos a ese post que parece que intentan relacionar normalización lingüística coa política dun determinado partido, e isto non é así, nin pode ser así.
A defensa da lingua galega é de todos, e así quedou reflexado, por exemplo, coa aprobación por unanimidade e a instancias do Partido Popular do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ano 2004 no Parlamento de Galicia.

Ademais, por poñer máis exemplos, servizos de normalización lingüística hainos en moitos concellos (case sempre mantidos cos fondos da Xunta e das deputacións) e de todas as cores políticas. Algúns exemplos: Ames, Melide, Ponteceso, Arteixo, Vimianzo, Muros, Ribeira, Santiago, Betanzos, Culleredo, Vigo, Lugo, Moaña, Val do Dubra, etc., etc., etc. Tamén os hai nas tres universidades galegas e nas deputacións de Ourense e Pontevedra.

Nos seguintes enlaces pódese ver información sobre algúns deles:

http://www.concellodeames.org/
http://www.santiagodecompostela.org
http://www.arteixo.org
http://hoxe.vigo.org
http://www.usc.es
http://www.depourense.es
http://www.udc.es

Agardo que este correo electrónico sirva para contribuír coa idea de que a lingua galega é a maior riqueza que temos en Galicia e que ten que ser algo de todos, que todos temos que apoiar e que non podemos deixarlle esa tarefa a un determinado grupo político, a unhas determinadas asociacións ou a unhas determinadas entidades.

Agradecido pola atención,


M.D.



Coincidimos totalmente coa última frase. Pero, desgraciadamente, algúns grupos e persoas practican unhas políticas e teñen unhas actitudes que, lonxe de favorecer o galego, perxudícano moi gravemente.

Nós pensamos o seguinte:

1) Toda persoa ten dereito a ser atendida pola Administración no idioma que elixa, castelán ou galego.

2) Os documentos que o Concello envía a fóra de Galicia deben traducirse ó español, como é natural, posto que no resto de España fálase español (ademáis de catalán, euskera e varios dialectos).

3) Se algún funcionario do Concello está capacitado para traducir do castelán ao galego, e viceversa, ese é o normalizador. Deixando ao marxe as funcións que figuren na páxina web do Concello, resulta innegable que, pola súa preparación filolóxica, é o funcionario municipal que está máis cualificado, e esa debera ser unha das súas funcións.

Parece ser que o normalizador que se nega ("por unha cuestión de principios") e o goberno que llo permite, discrepan desta nosa opinión.


Enlaces relacionados:

Anormalizar

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lástima que en Galicia haya una panda de galleguistas hooligans que nos metan el gallego con calzador y hasta aburrir.
¿Es que nunca se pararán a pensar por qué la gente joven cada vez reniega más de un gallego distinto al que le hablan sus padres y abuelos?
Y si no teniamos bastante con la inquisición normalizadora, ahora también mandan inquisidores normalizadores por los ayuntamientos ¡con las necesidades que tenemos sin cubrir!
TODO MUY NATURAL...

29/4/06 09:45

 
Anonymous Anónimo said...

A defensa da lingua galega é de todos. Perfecto me parece estupendo.
A defensa do castelán creo que tamén debe de ser dos mesmos, ¿non?

30/4/06 10:44

 
Anonymous Anónimo said...

Creo que hai que potenciar e protexe-lo galego, porque forma parte da nosa historia e da nosa cultura, un idioma rico que estivo perseguido. Non temos porque renunciar o noso, pero resulta patético que nos queiran obrigar a falar o nosos idioma, e acercarnos mais e mais o portugués.
Certo hai moito galeguista fundamentalista nos gobernos, pero que non se esquenzan que somos moitos os galeguistas, e que ese termino non é propiedade do BNG nin da UPGm da estrela vermella, por certo un símbolo moi galego. Unha vaca, a flor do toxo, un carballo, e unha estrela vermella, sí, si non hai que ser do Bloque e de extrema esquerda, para ser GALEGUISTA.
Nin tampouco facermos coma a Generalitat e comenzar a perseguir a irmáns galegos polo simple feito de falar castelán.
¿Creemos na liberdade?. No BNG seguro que sí, pero na UPG, moi dificil.
Viva Unha Galicia democrática

30/4/06 17:04

 
Anonymous Anónimo said...

Este é un debate absurdo.

A lei garante a todos os cidadáns galegos o dereito a usar o galego ante calquera instancia, o cal implica que todo o funcionariado debería ter coñecementos suficientes para, cando menos, entendelo (isto realmente non é así, porque non existe obriga de coñecer o galego, cousa que si acontece co castelán).

Ningún funcionario do concello de Carballo pode dicir, sen ruborizarse, que non entende un texto en galego, e desde logo si teñen a obriga de saber castelán, polo cal calquera podería traducilo, comezando polo persoal que auxilie ao alto funcionario de que se trate (supoño que o secretario, que non é galego).

Xa que logo, por que ten que chamar ao normalizador? E non, a tarefa do normalizador é promover o uso do galego, e non traducir do galego ao castelán, dicide o que queirades pero é así.

5/5/06 13:58

 
Anonymous Anónimo said...

É mais que evidente que o normalizador non ten polo de agora estatus funcionarial pero progresa axeitadamente para cando os seus xefes lle fagan un sitio.
Está a practicar aquelo do "vuelva Vd. mañana" . Pero qué é iso de que non é a sua función. Non se lle paga, en definitiva, para velar pola corrección do uso do idioma nos textos que saian do concello? Pois eso. Que traballe no seu porque non esperaremos que todolos traballadores do concello escomenzen co "eso no es mi función" porque se fose así farian falla 300 traballadores.
menos samba e mais traballar¡¡¡¡¡

6/5/06 15:17

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner