Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, abril 23, 2006

¿Alguén non sentiu o terremoto?



ÁS 7:31 horas de hoxe, poidemos sentir cómo se movían as nosas camas, e o asunto convertiuse no tema de conversación do día en Carballo e noutras localidades.

A causa foi o terremoto ocorrido exactamente ás 7:31:36 horas, localizado a 43.66º Norte, 9.03 Oeste, case enfronte a Malpica, como se pode ver no gráfico. Tivo intensidade 5 na escala de Richter, pero foi sentido con intensidade IV, segundo informa o Instituto Geográfico Nacional.

A escala Richter é unha escala logarítmica creada polo sismólogo Charles Richter na década de 1930. Richter calculou que a magnitude dun terremoto pode ser medida mediante a seguinte fórmula:

M = log10A(mm) + 3log10(8Δt(s)) − 2.92

onde "A" é a amplitude en mm e "t" o tempo en s, na que se asigna unha magnitude arbitraria pero constante a terremotos que liberan a mesma cantidade de enerxía.

A magnitude 5 equivale é enerxía que xenera unha explosión de 199 toneladas de TNT.

Non vos fiedes da "escala": un terremoto de escala 5 non é o doble que un de escala 2,5. O de escala 2,5 desprende a mesma enerxía que unha explosión de 29 kg. de TNT. E un de só un punto máis que o de hoxe (6 grados), equivalería á explosión de 1.270 Toneladas de TNT. O logaritmo incorporado á escala fai que os valores asignados a cada nivel aumenten de forma exponencial, é decir, con un multiplicador, e non de forma lineal. Así, un terremoto de magnitude 7 equivale a 1.000 veces o de hoxe (ou sexa, sería igual á enerxía liberada por unha explosión de 199.000 toneladas de TNT).

Dez minutos despois do primeiro, tivo lugar unha réplica de 3,4 graos na magnitude Richter, que tamén se sentiu, segundo o IGN.

Tedes máis información sobre os terremotos e réplicas desta mañán na páxina do IGN, aquí.

(Por certo, este é o post número 200 publicado en Carballo Dixital, e quixo a casualidade que fora sobre un terremoto. ¿Significará algo?)


1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

eu a esas horas non notei ningún movimiento extraño no cubata

24/4/06 17:37

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner