Tal como somos
Interesante noticia publicada na web do Consello da Cultura Galega, con motivo de “EnBlogs´06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal”.
Reseña as investigacións de Silvia Canabal, da Universidade de Santiago, e Fernando Garrido, do Observatorio da Cibersociedade, sobre o perfil dos blogs en galego (un dos seleccionados para o estudio elaborado por Fernando Garrido foi Carballo Dixital).
O estudio de Silvia Canabal danos esta foto do blog-galego-tipo:
• 69% dos blogs en galego creáronse no 2005 (entre os que se atopa Carballo Dixital)
• 80% son blogs monolingües en galego (no caso de CD, somos bilingües)
• Existe pouca especialización temática (só o 10% dos blogs) (neste caso, estamos na minoría)
• A autoría é individual no 85 % dos casos (novamente nos apartamos da maioría)
• Utilizan pseudónimo o 78% dos autores (igual que CD, o que demostra que esa é a tónica xeral, malia que haxa quen o critique)
• En prácticamente tódalas bitácoras se permiten comentarios (como en CD)
• Blogger é o software predominante e Blogspot é o servizo maioritario (son os que utilizamos nós)
• Só o 20% renova o seu blog case tódolos días (CD está nese 20%)
O sociólogo Fernando Garrido e Carlos Neira ofreceron pola súa banda os resultados dunha enquisa feita aos blogueiros galegos que apunta... que a idade deste colectivo está entre os 15 e os 29 anos, case en igualdade homes e mulleres, que levan máis de cinco anos na rede nun 60% dos casos, que escriben por motivos como expresarse libremente ou compartir coñecementos, que nun 90% dos casos teñen a maior parte da súa bitácora en galego e que empregan numerosos dispositivos tecnolóxicos.
Para Fernando Garrido, “a explosión dos blogs en Galicia aínda non se produciu e será a un ano vista”. Un fenómeno que da conta, para este investigador, da madurez dunha sociedade.
Podedes acceder á noticia completa neste enlace: http://www.consellodacultura.org/noticias/2006/19_04_06_blogs.htm
3 Comments:
COMO CARBALLESES DEBERIADES DE FACERVOS ECO DE QUE NESE ACTO, UNHA EMPRESA CARBALLESA PRESENTOU CO PRIMEIRO SISTEMA DESENROLADO EN GALICIA DE CREACIÓN DE BLOGS.
20/4/06 19:16
É unha estupenda noticia, non estabamos enterados, ¿podes darnos máis datos?
Gracias.
20/4/06 19:56
www.blogoteca.com
21/4/06 14:27
Publicar un comentario
<< Home