Continúa a polémica polo escándalo das taxas do Campo da Feira
Nun comunicado, o PP considera "escandaloso que o alcalde recoñeza e ampare unha ilegalidade manifesta despois de negalo."
O texto di o seguinte:
O Partido Popular de Carballo considera escandaloso que sexa o propio alcalde o que, en lugar de rectificar, recoñeza e ampare a ilegalidade manifesta que se produce, de xeito sistemático, en relación co cobro das taxas pola ubicación dos postos na feira da Milagrosa.
É insólito e inadmisible que uns governantes recoñezan, despóis de negalo, que estàn cometendo unha ilegalidade e a manteñan.
A postura do alcalde só pode calificarse de covardía política xa que, non só non da a cara, senón que escúdase no concelleiro de Facenda para tentar explica-lo que é inxustificable.
Tanto o alcalde como o concelleiro de Facenda terían que asumi-lo descrédito que supón para eles como xestores o feito de acepta-la incompetencia para organiza-lo cobro dunha taxa, poñendo en dúbida a súa capacidade para xestiona-lo conxunto dos ingresos do concello.
Ademáis, hai que chama-la atención sobre o feito de que se están cobrando tasas municipais por un particular que non se ingresan nas arcas municipais.
A ineficacia e o desastre que supón a xestión do governo municipal queda en evidencia cando, lonxe de asumir responsabilidades, trata de eludilas culpando de obstruccionismo ó Partido Popular. O certo é que nin o alcalde nin o concelleiro de Facenda deron nengún tipo de explicación convincente sobre unha situación que resulta inadmisible.
Antonte, un comentario que firmaba "o nunca visto" alertábanos sobre "as declaracións do Concelleiro Viña Patiño asumindo que é unha ilegalidade pero sin mala intención...¡inaudito!!!"
Sentimos correxirte, "o nunca visto", non é "inaudito" (= nunca oído). Lamentablemente, xa lles temos oído antes ese tipo de "explicacións". O inaudito sería oírlles que a partir de agora van cumplir a lei.
Enlaces relacionados:
Novo capítulo sobre as taxas da feira da Milagrosa
Máis sobre o cobro de taxas no mercado do Campo da Feira
3 Comments:
Este tema xa empeza a aburrir un pouco, ¿non? Hai cousas máis importantes das que ningúen fala.
Por exemplo, o Plan Xeral. Sabemos que o están revisando, e disque vai moi rápido, pero ¿non hai que facer unha información pública ou algo así antes de aprobalo? Non sabemos nada do que están facendo. E non é que non me pareza grave o tema destes impostos, pero o tema do Urbanismo, e tendo a quen temos de concelleiro, preocúpanos a moitos máis.
19/4/06 12:41
Inaudito, nunca visto, nunca leído, nunca imaginado, nunca esperado: os bombeiros do pesoe apagando o lume con gasolina! Nun concurso de inocentes, quedaríades segundos por inocentes. Val máis calar...............
20/4/06 20:17
HOMES E MULLERES DE POUCA FE:
Non vos queixedes da revisión do plan xeral, que están tratando de traer o porto de Razo para a Praza do Concello (colle todo).
20/4/06 20:20
Publicar un comentario
<< Home