Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 12, 2006

Destino para Semana Santa


Excepcionalmente saímonos da actualidade da nosa vila para recomendar un destino especial nesta Semana Santa, moi preto de nós.

Tal e como informa “A Nosa Costa”, do 12 ó 16 de abril celébrase en Camariñas a XVI Mostra do Encaixe de bolillos, unha feira sobradamente consolidada que cada ano vai a máis.

Unha superficie de 6000 metros cadrados, 90 stands, unha pasarela para 400 persoas con 2 desfiles de modelos diarios, famosos deseñadores, ou visitas do estranxeiro, son algúns dos datos que a bo seguro farán da mostra do encaixe un novo éxito. Nos enlaces que se vos indican podedes obter toda a información que precisedes.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner