A Xunta do bipartito PSOE-PP
Non se asusten polo titular. Sae da nova que puidemos ler onte en www.galiciadiario.com e que reproducimos a continuación: “El BNG exige a la Xunta que no se construyan nuevos tramos de peaje y pide la gratuidad de A Coruña-Carballo”
“El coordinador ejecutivo del BNG, Francisco Jonquera, exigió al Gobierno gallego…” Case todos aseguraríamos que a Xunta está gobernada por un bipartito no que PSOE e BNG se reparten a presidencia, a vicepresidencia e as consellerías. Pero resulta que non, que o BNG polo visto non forma parte da Xunta. Tanto é así, que lle esixe e lle pide cousas á Xunta. ¿Cómo se vai esixir e pedir cousas a si mesmo? Tendo en conta que o Sr. Jorquera dispara por igual a PSOE que a PP, o que sacamos en limpo é que Galicia está gobernada por un bipartito PSOE-PP, mentres que o BNG é a oposición. ¿Ou todo é pura fachada e lavado de cara?
Cosas veredes, amigo Sancho.
Enlaces relacionados:
Descartados
Sueiro reclama para Bergantiños o mesmo trato que se lle dispensa ó Morrazo
1 Comments:
Estes do bloque queren repenicar e estar na misa. Voulles vendo un xeito de facer política moi similar ó dos partidos-bisagra: están nos gobernos, chantaxeanos, fan oposición desde dentro, apúntanse os tantos e exclúense do que non lles convén . Eles empatan ou gañan, perder nunca. E si agora non hai autovía, a culpa é do pesoe, eles hanse poñer na foto o día que supriman a peaxe. Y eu me pregunto : cando fixeron o reparto da tarta de mandar ¿de qué falarían? Que ían comer eles a carne e deixarlle os osos ó pesoe?? Hai que ir tomando nota para cando nos volvan pedir o voto.
12/4/06 08:36
Publicar un comentario
<< Home