Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, abril 06, 2006

Máis información sobre os estatutos do Padroado Deportivo


Como sabedes, hai uns días fixémonos eco dunha noticia publicada en La Voz de Galicia, segundo a cal foron aprobados uns Estatutos do Padroado Deportivo Municipal que vulneran a Lei.

Segundo decía La Voz de Galicia, "la legislación vigente establece que la persona que ocupe un cargo como el de director técnico gerente -que es el que figura al frente del Padroado- debe tener titulación superior, lo cual, como se puso de manifiesto en la sesión, no sucede en este caso."

Como tampouco se daban moitas explicacións, e algúns pedíades nos vosos comentarios que ampliaramos a información, pedímoslle ó PP que nos aclarase un pouco o asunto.

Onte, o PP remitiunos un comunicado (que hoxe publica tamén La Voz de Galicia), co compromiso de que non o publicaramos ata que saíra na Voz, o que respetamos. Di o PP:

En canto á situación do xerente do Patronato Deportivo Municipal, queremos aclarar o seguinte:...


A Lei 57/2003, de 16 de decembro, modificou o artigo 85 da Lei 7/85, de Bases de Réxime Local (LBRL), establecendo como requisito que o titular de organismos autónomos locais (como é o Patronato Deportivo Municipal) deberá ser titulado superior. A indicada Lei entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2004, dando un plazo de 6 meses ós Concellos para adaptar os estatutos ó novo réxime xurídico establecido no artigo 85 da LBRL.

O actual xerente do Patronato Deportivo Municipal foi nomeado en 1984, e non é titulado superior, porque naquel momento non se esixía esa titulación.

A situación legal do actual xerente do Patronato foi válida, por tanto, ata o 1 de xullo de 2004, momento en que deixou de estar amparada pola legalidade ó esixirse a titulación superior para desempeñar tal cargo. Xa que logo, o PP non ten responsabilidade algunha na situación actual do xerente. Era legal cando gobernaba o PP, porque a lei o permitía. Non é axustada á lei desde o 1 de xullo de 2004, cando a responsabilidade de goberno lle competía a outros.

A Lei 57/2003 non contén ningún tipo de Disposición Transitoria que contemple as situacións anteriores á súa entrada en vigor. Xa que logo, esa Lei é aplicable a tódalas situacións, tanto anteriores como posteriores.

O goberno municipal pretendiu adaptar os Estatutos do Patronato Deportivo á Lei establecendo unha Disposición Transitoria que entendemos ilegal, xa que, a noso xuizo con un descaro pasmoso, di: "Os requisitos esixidos no artigo 85 bis.1.b da Lei 7/1985, non serán esixibles a quen viñese desempeñando funcións directivas con anterioridade á entrada en vigor da Lei 57/2003". É decir: os Estatutos do Patronato veñen a decir que non se aplicará en Carballo o artigo 85 bis.1.b da LBRL. O que resulta patentemente ilegal, xa que os Estatutos non poden conter disposicións contrarias a normas legais imperativas como son a Lei 57/2003 e a Lei 7/85.

O PP non pretende que se despida a ninguén. É máis, foi o alcalde o que fixo referencias a persoas no último pleno da corporación municipal, non o PP. Caben solucións amparadas na Lei para que o ente profesional, que merece todos os nosos respetos, e máis aquelas que durante doce anos se lle deu a confianza. Pero, como xa se dixo, é a Lei a que reserva certos postos a persoas con titulación superior.

Pódese argumentar que o Secretario Municipal avalou a "solución" do goberno municipal. Non é certo. Non existe informe do Secretario Municipal ó respecto. O informe do Secretario non era preceptivo neste asunto, e o alcalde, quen legalmente está capacitado para pedirllo, non quixo pedirllo. Por algo será.

Consideramos que non hai outra solución que cumplir a Lei. Non se pode arreglar unha ilegalidade con outra ilegalidade maior. Eso, ó noso xuizo, é o que fixo o goberno municipal.

Aínda que non descartamos acudir a outras vías, o PP é un grupo político que actúa na vía política, non na vía xudicial. Se actuaramos na vía xudicial ante todas as ilegalidades que ven cometendo este goberno, non sairíamos dos xulgados.



Enlaces relacionados:

Por el arco de triunfo

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A min que tampouco me apliquen a actualización do catastro, nin a nova tasa da basura (lixo para os que non entendan o galego de Galicia), o imposto de circulación nin a subida da contribución (i.b.i. para os puristas).
Vou falar co alcaldiño ou co capitán pero quero que salten a lei que o fan moi ben.

Por certo, esto de alcaldiño e capitán de alcalde foi moi ocurrente pero non llo sentín máis. Estes do PP son tan "educados" que non queren molestar. Vaia por Deus...........

Au revoir!!!

6/4/06 22:49

 
Anonymous Anónimo said...

Menos mal que alguien aclara algo.

Parecía que los del Partido Popular estaban de subidón de gaseosa pero va a resultar que tenían razón.

Lo que más me dió que pensar fue el "bloguero enterao" que contó un cuento chino de disposiciones transitorias de la ley que amparaban la machada del alcalde. Ahí empecé a creer que los estatutos eran realmente ilegales. De haber sido como cuenta el bloguero, el Sr. Evencio no trataría de colarnos la peli del buen samaritano que mira por el pan de sus vecino-votante-amigo gerente del patronato. Se habría ido directamente a la ley (que por ahí no lo joden).

Algunos-as calladitos-as estarían más guapos-as (así es como recomiendan escribir ¿no?)

6/4/06 23:07

 
Anonymous Anónimo said...

CORRUPCION EN CARBALLO segunda parte.

Pues va a ser que tenían razón los del pp...

Está bien que sepamos quién es quién. Los "intachables" tocan poder y tardan 5 minutos en cometer ilegalidades (y ya van unas cuantas)

O Concello vai entrar no Guiness.

6/4/06 23:23

 
Anonymous Anónimo said...

O deste alcalde non ten nome... qué jeta!

7/4/06 11:00

 
Blogger incompetencia said...

Este alcalde dice lo que despues no hace, es un queda bien, en cuanto al gernete del patronato es un pobre hombre ue no ha dado un palo al agua en toda su vida, lleva 22 años en el Patronato y todavía no sabe lo que es, como para deporte vale cualquiera pusieron al de menos luces, lo que yo no sabía es que se fundieran tan pronto, por dignidad debería de marchar y dejar paso a la juventud, que los licenciados en Inef de Carballo están buscando trabajo de cualquier cosa, policía, bomberos etc, pues los trabajos interesantes, por ejemplo en los ayuntamientos, los tienen personas mayores que en muchos casos no saben lo que tienen en sus manos, como es el caso del Patronato, una cosa más sobre ésto, os dais cuenta que el gerente siempre se rodea de gente que tiene su misma cualificación, es decir, sin titulación superior, mirar para el 2º del Patronato, y como se deshace de los de titulación superior, caso del animador deportivo, ésto es síndrome de inferioridad.
Otra cosa, hoy que veo en el periódico a evencio como abanderado de las energías renovables y que va a llevar la energía solar a las piscinas para el ahorro energético. 1º no sabe lo que cuesta poner unas placas solares 2º la piscina vieja, la sala de máquinas por llamarle algo me dicen que consume muchísimo pues la maquinaria es del paleolítico, tiene fugas... puede consumir hasta un 40-50% más que con una bomba de calor y caldera nueva y éste orador de púlpito habla de energías renovables y sobretodo solares, como estamos en Marbella, no será mejor traer unos aerogeneradores para la piscina, saludos alcalde, espero que te quede un año, a mí y a otros no nos engañas, un saludo.

27/4/06 11:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner