E despois din que non inventan
Nin galegos, nin españois. Como paso previo á independencia de Carballo, e coa altura de miras que caracteriza ó noso triunvirato reinante, os nosos próceres tripartitos demandan “a creación dun novo idioma para a Escola de Idiomas”. Lóxico, non hai nación sen idioma propio. (http://www.carballo.org/aodia/novas/noticia.php?id_nova=492&lg=gal)
En Carballo non nos conformamos coa simple incorporación dun novo idioma á Escola de Idiomas. Non, eso é para pobos pouco orixinais e culturalmente asoballados. Nin queremos adoptar o esperanto, que xa está creado. Non. En Carballo fanse as cousas “a lo grande”: se hai que facer un túnel e despois tapalo, faise, bos somos nos! Se hai que ampliar a oferta da Escola de Idiomas, que se cree outro idioma novo para a nosa Escola. Non nos conformamos con menos.
Temos unha dúbida: na noticia non se di quen vai ser o encargado de crear o novo idioma (¿a ONU? ¿o Instituto de Linguas Futuristas? ¿a Termomix?).
Dentro da nosa corta imaxinación (que, á vista está, queda moi moi lonxe da dos nosos gobernantes), ós webloggers ocurríronsenos algúns posibles nomes para bautizar o novo idioma:
“carballés” (buuuu, [pitos], qué pouco orixinal!)
“carbalego” (universal e orixinal, pero sen perder as raíces)
“carbañol” (seguro que coincide coa proposta de Andrade, sin comentarios)
“arajonés” (chamado así en homenaxe ó café con jotas, ó que tan afeccionados somos algúns carballeses/as)
Con tan fausto motivo, convocamos un entretenido Concurso: ¿qué outros nomes se vos ocurren?
(Premio: ¿parécevos pouco premio ter a honra de bautizar o novo idioma de Carballo?)
4 Comments:
Sodes ben orixinais, pero todo o mundo entende que se quere ampliar a oferta de ensinanza de idiomas nesta escola que, mira ti por onde, ía no programa eleitoral do actual alcalde...
5/4/06 13:44
Evidentemente, pero sempre hai quen é moi susceptible e non sabe aguantar unha broma.
Por certo, non nos dís que nome propós ti para o novo idioma :)
5/4/06 14:05
Que saquen o ingles e poñan un monográfico de galego normativo.
6/4/06 00:22
O "coruño" tiña bastante futuro ata que mandaron a Paquiño ó destierro. Incluso poderíamos anexionar etrritorios ata Ferrol, reducto inexpugnable do castellano de pura cepa. Non sei que vai ser de nós...
6/4/06 23:31
Publicar un comentario
<< Home