Expresión Corporal
Unha semana máis seguimos a navegar pola rede carballesa. E dende un enlace da páxina do ArtSurfCamp descubrimos outra páxina deportiva e bastante ben traballada: o ximnasio Corporal X-Pression.
O ximnasio atópase na rúa Vila de Laxe, Nº 27 de Carballo, e as fotografías amosan unhas instalacións realmente impresionantes. Tal e como se mostra na web ofrécense actividades que van dende as típicas musculación e aeróbic, a outras máis novidosas coma o “spinning”. E para os máis atrevidos, boxeo e “full contact”.
Chama a atención a información tan completa e actualizada sobre prezos e horarios, con táboas exhaustivas destinadas a cada bolsillo e actividade concreta. Podedes coñecer a programación do ximnasio e canto vos custaría hora a hora.
Pero o que máis nos gustou foi... o apartado que denominan “visita virtual”, na que podemos facer un percorrido con imaxes panorámicas por cada unha das zonas:
- Unha vista xeral do ximnasio.
- A zona “cardio”.
- A zona de musculación.
- A zona de “spinning”.
Aparte de todo o anterior, na páxina tamén hai un lugar para as fotografías do curso de tenis do verán 2005 (semella que organizado polo propio ximnasio), así como un completo albume no que aparecen os clientes e amigos de Corporal X-Pression, tanto nas instalacións coma desfrutando de cenas de confraternidade.
Tomamos nota e a ver se nos animamos a perder uns quiliños de cara ao verán.
1 Comments:
"páxina deportiva e bastante ben traballada" <-- mentira mentira poderia estar mellor e obra dun aficcionado por esas cousas caeriame a cara de vergonza se cobrara
28/3/06 12:26
Publicar un comentario
<< Home