Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, marzo 22, 2006

O PP e o Regulamento de Participación


O PP expón a súa postura en relación co Regulamento de Participación Cidadán.

Ainda que non informan de cal será o sentido do seu voto no Pleno, a nota que envían parece indicar –dadas as discrepancias existentes– que votarán en contra.

Di o PP:

1. En canto ós Consellos Parroquiais, a diferencia entre o PP e o goberno tripartito estriba en que, mentres o goberno fala de "conselleiros parroquiais", o PP propón a denominación de "alcalde de barrio" por varios motivos. En primeiro lugar, porque este é o término que establece a Lei. En segundo lugar, por tradición histórica (esa denominación existe alomenos desde 1768). En terceiro lugar, porque é unha denominación totalmente asentada e asumida entre os veciños. En cuarto lugar, porque chamarlle "conselleiro" induce a confusión coas palabras "concelleiro" ou "conselleiro" da Xunta de Galicia.

2. O PP coincide cos demáis grupos…en que os Consellos Parroquiais deben ser elexidos democráticamente entre os veciños. Non así o alcalde de barrio, por ser un delegado do alcalde. Por eso, salvando as distancias, da mesma forma que os Delegados do Goberno en cada Comunidade Autónoma son nomeados polo goberno central, tamén debe ser o Alcalde o que nomee ós alcaldes de barrio. En ambos casos se trata dun representante, neste caso do alcalde, que debe traballar en plena sintonía co goberno municipal, co fin de que exista a mellor coordinación posible e se eviten os enfrentamentos políticos, que neste ámbito parroquial non conducen a nada positivo. Para debatir, discutir e facer oposición, xa está o Salón de Plenos. Non nos parece positivo trasladar os enfrentamentos políticos ó ámbito da parroquia.


3. Outro punto -a noso xuizo moi importante- no que non existe acordo sobre o Regulamento entre o PP e os grupos que forman o goberno municipal, é o relativo a garantizar a participación da oposición nos medios de comunicación municipal, en particular na páxina web do Concello. O PP pide algo que nos parece de caixón: falando de participación, os primeiros que teñen dereito a participar son os lexítimos representantes dos cidadáns: os grupos municipais elexidos nas urnas. Por eso pedimos que tódolos grupos teñan un espazo propio nesa páxina, xestionado por cada grupo, en proporción ó resultado das últimas eleccións, xa que entendemos lóxico que a información que se transmita desde a web municipal reflicta a pluralidade, atendendo á verdadeira composición da Corporación Municipal, e garantindo a proporcionalidade. O goberno négase, pretendendo ter a exclusiva do uso da web, malia tratarse dun espazo público que pagamos todos. Esto só pode entenderse por un interés do goberno en manipular a información que se ofrece desde a web municipal.

Finalmente, ainda que non ten que ver co asunto, aclaran que “o motivo de que onte se suspendese a reunión que a Comisión Especial de Seguridade iba a ter cos directores dos Institutos de Ensino Secundario de Carballo noi foi outro que o alcalde (que é quen convoca as reunións) non os convocou. Así é un pouco difícil que poideran asistir. Outra proba máis da descoordinación deste goberno.”

Consultada a web municipal (aquí), simplemente se decía que a reunión quedara “aprazada”, sin explicar as causas ¡Qué raro que o alcalde non se apuntase o “mérito” do aprazamento! :):):)

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O Alcalde cumpre o que prometiu, que os veciños escollan aos seus representantes, o PP quere seguir cos seus caciques representando ao alcalde, en fin, so son diferentes maneiras de facer política.

Poderiase dar a circunstancia de que o Alcalde nomee a quen esté enfrentado con toda a parroquia, e os representantes do concello parroquial teñan que contar con el para dirixirse ao Concello, inaudito.

Polo de que querer ter parte nas publicacións do concello para todos os grupos, pareceme correcto, agora ben, haiq ue recordar os boletíns que sacaron cando estaban governando, pero fan ben, empezanse a dar de conta do que é estar na oposición,

que sexa por moitos anos, amén.

22/3/06 13:17

 
Anonymous Anónimo said...

contaronme hoxe o repaso que levou o PP no pleno dos orzamentos,

porque CD non fai unha desas investigación sobre as enmendas que o PP presentou aos orzamnetos,

será polo ridiculo das mesmas?

22/3/06 13:21

 
Anonymous Anónimo said...

"contaronme hoxe o repaso que levou o PP no pleno dos orzamentos"

¿Un repaso? 12 votos contra 9. ¿Qué otro resultado cabía? ¿Que pasa? ¿Que metieron los presupuestos por la escuadra de falta directa?

22/3/06 14:05

 
Anonymous Anónimo said...

o numero de votantes xa o sabemos, pero eu falo de que quedaron co cu ao aire na mocion que presentaron,

poden os señores de CD darnos máis información, xa que teñen tan bos contactos como din ?

23/3/06 11:30

 
Blogger Carballo Dixital said...

Sentímolo, non temos esa moción.

23/3/06 12:40

 
Anonymous Anónimo said...

O PP nas súas "pegas" respecto do Regulamento de Participación cidadá sí que quedou co cú ao aire. Quere que os alcades de barrio os elixa o alcalde unilateral e exclusivamente, na súa política de centralización do poder nunha soa persoa, que é a que ordena e manda. Pero isto non sería unha participación cidadá,sería un control absoluto do goberno, claro, e a medida convertiría o documento en completamente inservible. A participación só é posible se son os propios cidadáns os que elixen aos seus valedores. E o seu argumento de que os representantes dos cidadáns xa están elixidos nas urnas non me vale, porque o novo regulamento o que pretende é ofrecer outro tipo de participación máis activa para os veciños, ademáis da que xa teñen desde hai máis de un cuarto de século de democracia, gracias a deus. Así que espero que cambien de postura, porque o único que amosan coa que teñen agora é que detrás do seu novo talante de xente xove, de Sueiros, Rafaeles e Núñez Feijóos, escóndese a mesma cacicada trasnochada de sempre.

24/3/06 17:14

 
Anonymous Anónimo said...

Estás mal informado. O Consello parroquial é un órgano elexido entre os veciños. Os alcaldes de barrio, son delegados do alcalde, do mesmo xeito que os ministros do goberno o son por delegación do Presidente, ou os delegados do Goberno nunha Comunidade Autónoma o son por delegación do Goberno. ¿A alguén se lle ocurriría elexir "democráticamente" ó Delegado do Goberno en Galicia ou ós ministros de Zapatero, ou ós concelleiros delegados de urbanismo ou de cultura do goberno tripartito? (se fóra así, algún deixaba de ser concelleiro “ipso facto”)

¿É menos democrático o sistema por existir delegados do alcalde nas parroquias que estean en sintonía co Alcalde (é decir, co goberno municipal)? Xa está ben de facer demagoxia con este asunto. A democracia non ten nada que ver con elexir todos os cargos. Hai cargos de libre elección e hai cargos de libre designación. Utilizar como argumento o de "o dereito a participar" é confundir o touciño coa velocidade. Utiliza, por un momento, o sentido común: ¿é bo que a persoa que representa ó Concello na parroquia estea enfrentado co alcalde? ¿é bo que a persoa que representa ó Concello na parroquia tente, día si, día tamén, deixar quedar mal ó goberno? ¿é bo que se introduza o enfrentamento político en todas e cada unha das parroquias? Ese goberno será unha xaula de grillos, pero ós cidadáns o que lles preocupa é que se resolvan os seus problemas, non os líos que se traian entre sí os políticos.


Do que se trata é de que as cousas funcionen ben, e eso non se vai conseguir (ou conseguirase menos) tendo un alcalde de barrio de color político distinto ó do goberno municipal. Por eso, o razonable é que os alcaldes de barrio sexan nomeados polo Alcalde. Eso non é menos democrático, senón máis práctico. Os veciños poden participar nas eleccións municipais e nas eleccións do Consello Parroquial, e tamén como membros elexidos do Consello Parroquial. Este é o foro de participación. Pero non se poden confundir as cousas, e antes de falar hai que enterarse un pouco de cales son as funcións dos Consellos Parroquiais e dos alcaldes de barrio.


(E esto estávolo decindo alguén que non comulga precisamente co Bloque, e que sin embargo defende o dereito do alcalde a que designe ós seus representantes e delegados. ¿Será que o Bloque defende o contrario porque sabe que non vai volver a gobernar e despois pretende incordiar desde fóra?)

Ah!... En canto ás cacicadas (xa estamos outra vez cos topicazos de sempre…), mal as vai poder facer un alcalde de barrio (calquera), porque as obras e inversións dependen do goberno municipal (este si que pode facer cacicadas, sempre e cando non sexa nacional-socialista-andradista, que daquela non, claro).

24/3/06 20:08

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner