Pantanos en Carballo
Resulta incrible pero certo. En pleno século XXI, Carballo, cal Nova Orleáns, conta con auténticos pantanos dentro do casco urbano. Se non, que llo pregunten a un desgraciado ancián que a pasada noite de xoves a venres deu co seu corpo dentro dun enorme embalse de auga que anega unha parcela de grandes dimensións no barrio do San Cristovo.
Para máis desdicha, semella que o home tiña problemas dexenerativos e tivo que pasar a noite enchoupado ata que á mañá seguinte foi rescatado polos membros de protección civil.
Polo que puidemos ler e comprobar “in situ”, trátase dunha enorme finca xusto en fronte da igrexa de San Cristovo que está completamente inundada de auga e sen pechar todo o seu perímetro, polo que non son difíciles as caídas ó seu interior cando un vai despistado pola noite.
Ademais, parece ser que a finca leva nesa situación bastante tempo (polo menos máis dun ano), polo que non alcanzamos a entender cómo é posible que dende o Concello non se teñen tomado medidas ó respecto. ¿Non presumía o goberno dunha maravillosa campaña de Carballo Limpo que estaba deixando a vila como “los chorros del oro”? O máis grave do caso é o perigo de que caia algún neno e se produza unha desgracia.
E ollo, que esta finca non é un caso illado, nin moito menos.
9 Comments:
Esa finca leva así anos e anos, desde que o Sr. Varela realizou obras naquela zona, informense de cal é a situación urbanistica real na que Varela deixou a eses propietarios.
Sei que houbo reunions do concello con estes propietarios para que pechasen esa finca, pero non o fixeron, de todos os xeitos non debemos olvidar que é unha finca privada.
15/3/06 12:06
No mundo marabilloso que nos venden, eso non é unha charca, é unha piscina municipal respetuosa co medio ambiente. Calquera dia hai un accidente e o alcalde seguirá mirando cara outro lado e dirá que está SORPRENDIDO.
15/3/06 12:55
Si home si, a culpa de todo é de Varela, que seica é o alcalde dende hai 3 anos. Evencio é unha nulidade, é como quen non o ten, así que, ¿qué culpa vai ter o pobriño?
15/3/06 12:58
desde la imparcialidad ;-) os recomiendo una cosa: estais empezando a aburrir (como Acebes y Zaplana) y estais perdiendo la oprtunidad de ser un blog de referencia en el pueblo
15/3/06 18:40
Gracias, se hará lo que se pueda :)
(También admitimos colaboraciones)
15/3/06 20:13
Tendes malas fontes de informacion, non sei de donde sacastes a noticia, pero se a sacastes da voz volvede a leer que vos perdestes nalgun punto.
1º O ancian foi sacado do fochanco polos axentes da policia local, xa que os nembros de proteccion civil e bombeiros tardaban en chegar.
2º Non ten ningun tipo de enfermidade dexenerativa, o unico que tiña era asma.
3º O ancian meteuse no fochanco sobre as 6,30 da maña, saindo do mesmo sobre as 07,15 tendo sintomas de hipotermia e dificultades na respiracion.
Non queira dios que pasara no fochanco aquel toda a noite, coa auga ata a cintura.
A poza ou fochanco leva no lugar anooos, si mais de dous e de tres
15/3/06 21:13
Gracias pola corrección-aclaración.
A información recabámola boca-orella. Castigaremos á nosa fonte cunha ducia de latigazos (tenos ben merecidos).
P.D.: Falando de anciáns, non vos perdades ó que lle pasou a outro. Cóntavolo Carallo Dixital (enlace máis arriba).
15/3/06 21:30
ESDE SOLAR ESTABA PERFECTAMENTE VAIADO, PERO ROMPERON A VAIA UNS DUNS TODOTERRENOS FAI UNS MESES.
GUSTOUME MOITO O COMENTARIO DE QUE TENDES EVENCITIS AGUDA, MOI LOGRADO.
16/3/06 10:29
Pois aínda que estivese vaiado era coñecido por todo o barrio que había tempo que non o estaba, e ademais, non é de recibo ter unha laguna así en fronte da igrexa do San Cristovo.
Algúns terán "evencitis" aguda, pero outros perderon calquer recordo de espíritu crítico. Son capaces de buscar excusas para todo e desculpar casos tan lamentables coma este. Parece que rinden culto a "San Evencio" infalible. Tamén está logrado, ¿non?
20/3/06 20:01
Publicar un comentario
<< Home