Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 14, 2006

Senda Nova


Esta fin de semana soubemos pola prensa local do nacemento dunha nova asociación que vai traballar en defensa do medio ambiente da nosa comarca.

A iniciativa esta liderada por José Manuel Menéndez, un mozo carballés que xa traballara en obradoiros relacionados co asunto na Cruz Vermella. Segundo explicou José Manuel...trátase de continuar co traballo deses cursos, agora dende unha asociación na que xa non haberá monitores e alumnos senón tan só compañeiros.

Aínda que o grupo, formado maioritariamente por rapaces novos,todavía non está contituído oficialmente e non ten nome propio, é moi posible que decidan continuar co nome “Senda Nova” que tiña o obradoiro co que comenzaron a súa andaina.

O principal obxectivo da asociación é o de sensibilizar ós cidadáns sobre a importancia do respecto ó medio ambiente e ó patrimonio artísitico. E para iso a súa primeira actividade consistiu nunha camiñata dende Carballo ata a Fervenza de Entrecruces, semella que acompañada polo bo tempo.

Noraboa a todos e moita sorte no futuro.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner