Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 09, 2006

Hoxe, presentación de “Biblos Difusión”


Vítor Recarei, responsable comarcal de Galiza Nova de Bergantiños, envíanos a sguinte nota:

A Asociación Xuvenil Galiza Nova de Bergantiños, xunto con Biblos Clube e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, lanzan ás rúas "Biblos Difusión", unha nova publicación literaria que pretende difundir a literatura, nomeadamente a galega, entre a sociedade de Bergantiños.

Para o primeiro número, incluíuse un relato de Francisco Xosé Fernández Naval, do libro "Sete Noites e un amencer". Naval, poeta e novelista, é autor de obras como "A fonte abagañada", "O bosque das antas", "Tempo de crepúsculo" ou "Sombras no labirinto".

Para apresentar publicamente o Biblos Difusión, organizouse un acto este xoves, 9 de marzo ás 9 da noite, no casino de Carballo, no que intervirán…:

-Vítor Recarei. Responsábel comarcal de galiza nova de bergantiños.

-Tucho Calvo. diretor literario de Biblos Clube e xornalista.

-Mercedes Queixas. Escritora e Secretaria Xeral da AELG.

-Francisco Xosé Fernández Naval. Escritor e autor do primeiro texto
publicado.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner