Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 09, 2006

... As orellas ó lobo


Nesta impasse que vivimos en torno ó proxecto do parking-centro comercial da Praza do Concello, tódolos síntomas que se perciben son reveladores de que o goberno está perdendo a batalla da opinión pública a pasos axigantados. Só así se explica que, despois de moitos meses sin ningunha información nin opinión dos responsables municipais, tivera que sair á palestra un modesto concelleiro para dar a cara polo goberno. Non foi (cantaría moito) o de urbanismo, Sr. Andrade, artífice deste tinglado. Non se atreveu tampouco o alcalde, que a estas cousas non se baixa. O portavoz do PSOE, Sr. Viña, tampouco considerou convinte meterne nestes berenxenales, non vaia ser que lle pase factura. Nin sequera o concelleiro de comercio, ó que lle toca o asunto directamente. Non. Tivo que ser o concelleiro de Emprego, Manuel Trigo Cancela (PSOE), o que publicase onte unha Tribuna Aberta en La Voz de Galicia (“Carballo merece esta oportunidade”) para defender ó goberno e o seu proxecto. Esto sería impensable hai uns meses, cando ata La Voz daba por sentado que todo o mundo quería o que quería o goberno, e o goberno nin se molestaba en defender o seu proxecto (xa o defendía La Voz por el). Pero agora parece que lle viron as orellas ó lobo.

Aínda que, desgraciadamente, estamos nunha vila bastante apática, parece que, finalmente, cando lle dan oportunidade de manifestarse á xente, esta non ten pelos na lingua. Así o comprobamos neste blog, a través dos comentarios dos lectores e, sobre todo, nas dúas enquisas sobre o asunto que se iniciaron o 22 de decembro pasado, e nas que levan participado máis de 250 persoas. Para nós non existe dúbida de que a nosa iniciativa foi a que “obligou” a La Voz de Galicia a facer outra similar a pasada semana. E os resultados das dúas enquisas, a de La Voz e a de CD, foron tamén moi similares: maioritariamente, os carballeses e carballesas non queren o proxecto que pretende este goberno para a Praza do Concello. Estas enquisas son as que están na orixe do artigo de onte.

Básicamente, os cidadáns achácanlle ó goberno: desinformación, intereses ocultos, pelotazo urbanístico, perda de aparcamentos gratuitos (zona azul), regalo de suelo público a empresas privadas, perda de espazos verdes e zonas de lecer, etc.. Pero ningún deses razonamentos e pegas merecen a atención do concelleiro de Emprego no artigo que comentamos. O Sr. Trigo pretende que teñamos unha fe ilimitada na súa bondadosa xestión e lle firmemos un cheque en blanco ó goberno. Non dá nin un só argumento que rebata as dudas e preocupacións dos que opinamos que o mellor que se pode facer co proxecto do goberno é guindalo á papeleira: nin se refire á perda de espazos públicos na Praza Municipal (cerca de 1.000 m2 de perda); nin fala da perda de aparcamentos gratuitos; nin lle extraña que só presentaran oferta as mesmas persoas (das que nunca se quixo nunca decir o seu nome) que promoveron o estudio de viabilidade. Non. O concelleiro sólo nos amenaza con que “oporse a estas melloras é ir en contra do progreso de Carballo”, coma se só el tivera gardada a esencia do que é “o progreso de Carballo”. Vennos decir que "todo será moi bonito". Pídesenos que creamos no que non se ve e ignoremos o que sabemos. A eso chámaselle ter fe.

Señor concelleiro, señores do goberno tripartito: non nos pidan fe: déannos información veraz e completa, pídannos a nosa opinión e despois acaten o que decida a maioría. Ó contrario, chámaselle paternalismo ou absolutismo.

Pero o máis grave non é que nos pidan fe como o Papa lla pode pedir ós seus fieis. O máis sangrante é que, lonxe de dar explicacións ou rebatir os explicables reparos da cidadanía con datos contrastables, ó Sr. Trigo Cancela non se lle ocurre mellor argumento para opoñerse ás críticas que o seguinte: "¿pódese criticar o que non se coñece?" Chapó. Agora xa entendemos porqué o goberno non quere dar información.



Enlaces relacionados:

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás


16 Comments:

Anonymous Anónimo said...

MUNDOS PARALELOS

Sexor webmaster no anonimato, permitame facerlle unha apreciación aos seus comentarios, vostede e eu debemos de estar vivindo en mundos paralelos, e explicome respondendolle a certos parrafos do seu artigo "xornalistico" como vostede di que fai periodismo dixital, ainda que eu vexo que esto son "artigos de opinión", pero deixemos eso...


"o goberno está perdendo a batalla da opinión pública a pasos axigantados"
Ben, esto lóxicamente é a súa opinión, eu non o vexo así nin moito menos, pero dentro de pouco máis de un ano verá vostede como teño razón.


"E os resultados das dúas enquisas, a de La Voz e a de CD, foron tamén moi similares: maioritariamente, os carballeses e carballesas non queren o proxecto que pretende este goberno para a Praza do Concello. "
Como lle decía vivimos en mundos paralelos, se vostede saca das enquisas da voz que mairitariamente os carballeses están en contra é que so liu as que lles interesou, é decir, a do fillo do Sr. Marcelino Collazo, membro de NNGG, a do Señor Castro, a do Sr. Sieiro, a do Sr. Chapela, e poucas máis, pero a xente sin adscripción política dixo o que dixo, por moito que na enquisa desta web apareza o que aparece, ¿de verdade se cre que esa procentaxe é real? A min polo menos non me engañan.


Sobre o resto do seu artigo de opinión, decirlle que coincide vostede totalmente cos plantexamentos do PP, o cal está no seu dereito, pero tamén lle recordo que o concelleiro de Feiras e o portavoz do BNG en Carballo tamén opinaron por escrito nos medios sobre o tema.

en fin, vostede ao seu, e nós seguiremos pensando o que nos dea a gana.

9/3/06 12:54

 
Blogger Carballo Dixital said...

1º: Por suposto que se trata dun artigo de opinión. Está claro, ¿non? Nunca dixemos que non foramos a opinar. Ademáis, neso consiste a esencia dun blog.

2º: Canto a que os carballeses están en contra, non ofrece dúbida, á vista das únicas 2 enquisas públicas que hai. Eso non só o di CD, senón tamén La Voz (pinche no enlace do artigo e verá como é certo).

3º: Efectivamente, na enquisa de La Voz vimos unha opinión do Sr. Collazo e outra do Sr. Sueiro (do Sr. Castro non vimos ningunha). Tamén vimos outra do Sr. Pérez Ferreiro, concelleiro de comercio (que agora non saiu a dar a cara polo seu goberno), e dalgunha representante do goberno dentro do colectivo dos placeiros. Eso, en canto ás opinións "parciais". Pero é que vde. fai categoría da anécdota: habería unhas 50 opinións, máis ou menos. O resto, ¿Son todas dos concelleiros do PP? Pouco control tería La Voz sobre a enquisa, se eso fora así. Vólvolle a decir que a conclusión que saca La Voz da súa enquisa é a mesma que nós: que a xente non quere o que quere o goberno. Nin máis nin menos.

4º: ¿Qué excusa lle queda agora o goberno para non convocar a consulta popular que se reclama? O apoio popular que aseguraban ter, os datos que existen demostran que non o teñen. A palabra do concelleiro de comercio prometendo públicamente esa consulta na prensa se había algunha dúbida, sique ahí. Logo, ¿por qué non se quere convocar esa consulta? Todo esto oblíganos a pensar mal.

9/3/06 13:49

 
Anonymous Anónimo said...

Cuando dices

"e dalgunha representante do goberno dentro do colectivo dos placeiros."
a que te refieres?, yo no conozco ningun placero que esté en el govierno.

"a conclusión que saca La Voz da súa enquisa é a mesma que nós: que a xente non quere o que quere o goberno. Nin máis nin menos."
Pues esa conclusión será tu interpretación, yo LEYENDO LAS OPINIONES, sin quedarme en los titulares qeu le dan los periodistas, digo como el que opina aquí de primero, quitando los politicos del PP, pocos más se posicionan realmente en contra, pero eso si, si leemos realmente los comentarios.

Por cierto, yo vuestra encuesta tampoco me la creo.

9/3/06 14:05

 
Blogger Carballo Dixital said...

"e dalgunha representante do goberno dentro do colectivo dos placeiros."
a que te refieres?"

É de dominio público.

"yo LEYENDO LAS OPINIONES, sin quedarme en los titulares qeu le dan los periodistas, digo como el que opina aquí de primero, quitando los politicos del PP, pocos más se posicionan realmente en contra, pero eso si, si leemos realmente los comentarios."


Limos tódolos comentarios (todos). E contando ós dubidosos como favorables, e descontando ós dous do PP que opinaron, a maioría para os desfavorables é clara. Os de La Voz saberán contar ¿non?

"yo vuestra encuesta tampoco me la creo."

Sobre cuestións de fe, xa temos o concelleiro Sr. Trigo. Eres libre de non crer a nosa enquisa, pero non somos nos os que computamos os resultados, senón pollhost.com, e só permite votar 1 vez por ordenador. De todas formas, se fora posible facer trampa, tamén poderían emitir votos fraudulentos ou deixar comentarios os favorables, ¿non?, e non os vemos por ningunha parte(deixando a un lado o teu caso).

9/3/06 14:14

 
Anonymous Anónimo said...

É de dominio público.

pois vos diredes, a verdade eu de verdade que non coñezo ninguén do governo que teña un posto na praza.

9/3/06 18:43

 
Anonymous Anónimo said...

La Voz paró pronto de hacer la encuesta y aún así tuvo que reconocer que era claramente desfavorable al ¿proyecto?. Está claro que ante una pregunta maniquea solo cabría responder sí. Cómo no vamos a querer que hagan un aparcamiento y reformen la plaza. Pero, ¿a qué precio? Y esto es básicamente lo que preocupa a la gente. Los entregados a la causa ya dicen amén a todo. Yo no soy en absoluto afín a este gobierno y sin embargo doy mi voto en blanco a un proyecto que contemple un aparcamiento subterráneo, un mercado de abastos dimensionado según las necesidades reales del pueblo (la mitad del actual) y una solución arquitectónica que pusiera remedio al continuo e incómodo uso de carpas durante el invierno. Dicho esto, y sin conocer en absoluto el proyecto que tiene este gobierno, se me ocurren las siguientes reflexiones:
- Sí a un aparcamiento subterráneo que no suponga la eliminación de un número inasumible de plazas gratuitas. Lo que es igual: hagan un parking y comprométanse a ceder gratuitamente el uso de un número razonable de las mismas.
-De no optar por llevarse el "mercado+centro comercial" a un lugar cercano, podría adecuarse el edificio de la futura plaza de ABASTOS (el centro comercial que lo hagan donde existan solares destinados a tal fin). Sería suficiente una superficie mucho menor de la que actualmente ocupa el mamotreto que tenemos.
-Que hagan público el proyecto, si es que lo tienen y no permitan que tengamos que fiarnos de la palabra que el concejal de ¿? (sé que es de algo no relacionado en absoluto con el asunto) comprometió ayer en La Voz (los que compran otro periódico ya no saben nada). Según Manuel Trigo, a quien conozco y aprecio, "imos dotar a zona verde de novos equipamentos sin reducir a sua extensión actual". Lo celebro y confío en su palabra, lo cual me tranquiliza.
Como ven, ni es de recibo que nos enteremos por la oposición (si cree estar en lo cierto), ni puede el gobierno "hablar" a través de concejales de distintas áreas, por suelto y, a narices, en la tribuna de La Voz de Galicia (salvo que se decidan a regalarnos un número diario a cada carballés y se convierta definitivamente en el Boletín do Concello).
En fin, que como ciudadana me preocupa lo que va a ocurrir con el centro de un pueblo en el que, para nuestra desgracia, ya hay poco que ver.

9/3/06 20:31

 
Anonymous Anónimo said...

Ana, no que plantexas unhas apreciacións,

- ¿de verdade cres que unha vila como Carballo que medra a casi 500 habitantes por ano lle chaga a metade do mercado actual?, condo menos será o mesmo, non?

- Dis, si a un parquing, con prazas gratuitas, a pregunta é ¿Quen o paga?, ¿esperamos a que a Xuta dea os cartos? No distrito Picaso en Coruña ou na Calle Barcelona, os comerciantes danche horas gratis por un volumen de compra, e funcianelles perfectamente, ao igual qeu no Cuatro Caminos, creo.

- A reflexión final, pode ser que hai duas opcións, ou tres,
pero as preguntas son

¿Quen paga o parquing?
¿Quen paga a reforma da praza?
¿Quen paga a necesaria reforma da superficie da Praza?
¿Quen merca os terreos dos que se fala, cando se di que a solución é trasladar a praza de abastos, sexa para onde sexa?

A praza estase caendo, eé unha ruina para moitos praceiros, hai que actuar, podemos usar unha formula rápida como a que se está optando, ou podemos dilatar todo ata que haxa cartos publicos para facer todo.

son posicións, pero alguén ten que decidir, e apra eso están os gobernos.

10/3/06 17:24

 
Anonymous Anónimo said...

Un matiz ao anterior comentario anónimo, o das 17:24 hrs: o actual parking, que vai ser de pago, xa o pagamos todos os cidadáns de Carballo, porque xa se levan investidos 540.000 € na fochanca da Rúa Coruña, e nos orzamentos de 2006 van outros 1.200.000 € para abaratarlle os custes á empresa concesionaria e que lle vaia mellor o negocio (en 3 partidas de 900, 150 e 150). Se queres, compróbao. A reforma da praza págaa o Concello, ou sexa, todos nós, a cafetería nova tamén, o traslado provisional tamén... Así que menos lerias, pero o parkin novo vai custar, e os placeiros van ter que pagalo para que os seus clientes o poidan usar, mentres a grande superficie vai telo gratis para os seus clientes. Ademáis, suprímense 200 prazas gratuítas (de zona azul), así que mira se é difícil decidir...

10/3/06 20:50

 
Anonymous Anónimo said...

Otro matiz a los 2 anteriores: el estudio económico que precedió al concurso este al que sólo (oh, sorpresa!!) se presentó quien estaba detrás del tema desde el principio, afirma que el parkin subterráneo es rentable por sí solo. Hagamos pues un concurso sólo para el parking: el Concello se ahorra todo el dinero, y con lo ahorrado se compra un solar en otro lugar y se edifica el nuevo mercado, y se saca en concesión lo que sobre para contribuir a financiarlo. Las ideas no son exclusiva del Gobierno ni de la oposición: todos podemos pensar, y equivocarnos o acertar (uy, como ellos!!!)

10/3/06 21:19

 
Anonymous Anónimo said...

Pero vamos a ver home,

¿alguén se pode crer que si o concello tivese cartos para eso se ia a plantexar o sacalo a concurso?

ata ahí si que chega a miña confianza no governo, que non é moita, pero tempouco estou tan cego.

11/3/06 14:00

 
Anonymous Anónimo said...

Al usuario anónimo que hace apreciaciones a mi post.

Cuando hablo de la mitad del mercado actual me refiero a la superficie que ocupa el edificio, no a la mitad de puestos de abastos. Y sí, considero que un edificio moderno, con dos subterráneos para almacén y garage y una distribución bien calibrada, podría albergar perfectamente el mercado que necesitamos. En todo caso, tu afirmación de que Carballo crece a un ritmo de 500 habitantes por año, justificaría en breve la construcción de otro edificio en un lugar distinto, no la ampliación "infinita" del que tenemos. Por establecer paralelismos que nos resultan familiares: en La Coruña hay varios mercados; Sta. Lucía, Elviña, Conchiñas, Plaza de Lugo...¿se imaginas a los clientes paseando sus carritos de la compra desde Monelos hasta Mª Pita? Aquí, en menor medida, ocurrirá lo mismo si se cumplen las expectativas de crecimiento.
Respecto a las plazas de aparcamiento, ya veo que otros internautas te han contestado. Lo suscribo.
Me parece capcioso que un internauta al que supongo información y formación suficiente me pregunte ¿de dónde van a sacar el dinero para comprar los terrenos? Por cortesía y por si me he equivocado enjuiciando tu capacidad o tu intención, te dirá que hay, entre otras, tres posibilidades:
1- Con un dinero "parecido" al que se empleó en hacer un túnel bajo la C/ Coruña. Ya me entiendes.
2- Sin comprarlos. Utilizando los que corresponden o corresponderán al Ayuntamiento una vez se hayan materializado las cesiones que se contemplan en el PLAN GENERAL DE ORDENACION URBANA MUNICIPAL.
3- O lo que es lo mismo, comprando con el dinero resultante de vender los anteriores. ¿Qué mejor modo de invertir iban a encontrar?
Por último "a plaza estase caendo e é unha ruina para moitos praceiros" creo que es una afirmación exagerada. Acudo diariamente a comprar allí y créeme que, en determinados puestos hay cola. ¿Sabes por qué? Porque ofrecen un producto y un servicio excelente. Con esto no niego los defectos e incomodidades que presenta el edificio, pero seguramente serán más evidentes para los que no ofrecen ni producto ni servicio. A no ser que se esté tratando de santificar un comercio que no es ni competitivo ni moderno ni de calidad. No ¿verdad? ¿Sabemos de qué hablamos? ¿Nos estarán manipulando utilizando conceptos y sentimientos en un juego tramposo donde lo que menos importa es el bien de los placeros, de los niños o de los ancianos, como decía Manolo Trigo en su Tribuna?
Lee lo que está ocurriendo en el Mercado-Centro Comercial de Elviña. Es pura actualidad.

Tú mismo hablas de la "fórmula rápida pola que se está optando". Estoy totalmente de acuerdo: es una fórmula rápida, y yo añadiría dos calificativos: precipitada y mala. Tendrán (que no tendremos) edificio para los próximos 40 o 60 años. En nuestra plaza.
Comparto contigo que para decidir están los gobiernos. Sólo soy una vecina que también pretende un buen lugar para vivir y pienso que éste no es el camino. La voracidad de los centros comerciales y de alguno más, nos está haciendo claudicar demasiado pronto. Será pan para hoy y hambre para mañana. Sinceramente, voto por la plaza.
Siento haberme extendido tanto, además, me voy a comer...Recibid todos un cordial saludo.


En otro capítulo podríamos hablar de por qué no compran los jóvenes en un mercado de abastos. Ahora los quieren atraer. Dejo la pregunta ¿será porque chicas y chicos trabajan o porque no les gusta el edificio actual?

11/3/06 15:25

 
Anonymous Anónimo said...

bueno, soy una que ya ha comentado aquí que tengo comercio por los alredores de la plaza,

claro que queremos más plaza y que conviertan la estacion de trolbús antigua en un parque y que vuelva la huerta de la Condesa y que en Carballo se conviertan los edificios en más bonitos,

Pero tenemos lo que tenemos y está donde está, a ti te parecerá muy bien que tus niños puedan pasear por el jardín cuando no llueva y que tengan mucho espacio para correr y andar en bici, pero yo lo que necesito es algo que traiga clientes al centro o si no que haremos los que tenemos comercios al rededor de la plaza.

Por cierto sobre el estado de la plaza, te deberías de dar un paseo por el sótano, seguramente si vieses eso te lo pensarías dos veces antes de ir a comprar a la plaza.

Nunca chove a gusto de todos.

14/3/06 16:28

 
Anonymous Anónimo said...

Xa sei que es por esa maneira "redicha" de contestar.
En todo caso, non seréi eu que fale de "Tu supertienda, tu escaparate, el incordio de las fiestas de S. Xoan, tu ropa, tus maniquíssss".

Só che digo que eu tampouco estou de acordo con que se faga un centro comercial na nosa plaza. Que é de todos, non de Andrade, nin tua, nin dos comerciantes de redor.

E a acusación que fas en torno ó sótano do mercado é moi grave. Penso que terías que demostralo ou retirar a túa insinuación. Estaréi atento. Namentras, de Victoria en Victoria hasta la derrota final...

14/3/06 21:17

 
Anonymous Anónimo said...

Sobre o do sotano eu afirmo o que se dia aquí, teño un amigo que traballa na brigada de obras e teñen medo de que calquera día se veña todo abaixo.

15/3/06 09:48

 
Anonymous Anónimo said...

Que lle diga ós do goberno que retiren de ahí o almacén, así liberan espazo...E si realmente pensan que pode caer, que o vaian arranxando e se deixen de tantas lerias de centro comercial. Hai cartos para un cento de caralladas e nunca para o máis importante. Antes de poñerse coa Casa dos Oficios, que pensaran en pedir unha escola taller para facer un mercado novo. Tendes moito rollo.

15/3/06 12:29

 
Anonymous Anónimo said...

Que lle diga ós do goberno que retiren de ahí o almacén, así liberan espazo...E si realmente pensan que pode caer, que o vaian arranxando e se deixen de tantas lerias de centro comercial. Hai cartos para un cento de caralladas e nunca para o máis importante. Antes de poñerse coa Casa dos Oficios, que pensaran en pedir unha escola taller para facer un mercado novo. Tendes moito rollo.

15/3/06 12:29

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner