Preocupación pola "deslocalización" de Calvo
De todos é coñecido o peso na economía carballesa da factoría de Conservas Calvo. Por eso resulta moi preocupante a noticia aparecida en Finanzas.com. Segundo declararon fontes da empresa á axencia Europa Press, Calvo “estudia deslocalizar algunas líneas de producción” (deslocalizar = eufemismo para referirse ó traslado da producción a outros lugares).
As fontes indicaron que a deslocalización non afectaría á sede da conserveira en Esteiro (Muros), o que non fai máis que acrecentar os nosos temores con respecto ó posible impacto desa medida na factoría de Carballo. Malia que Calvo “garantiza que no se perderá ningún empleo de carácter fijo”, temos entendido que a gran maioría dos contratos da fábrica de Carballo son temporais. ¿Veranse afectados estes traballadores?
De pouco consolo nos sirve que, segundo Calvo, a matriz se quede en Galicia (é decir, que tributará en Galicia). Pero, ¿e os empregos? ¿Trasladarase a producción de Carballo a outros lugares?
7 Comments:
O salario medio dos traballadores de Conservas Calvo en sudamerica non pasa de un dolar hora, podes despedir a unha persoa sen pagar un superfiniquito. Obiamente as condicions para a empresa son moito mellores en Sudamerica que en Carballo
7/3/06 13:19
pois que os da CIGA sigan aquí dando por cú todo o que poden que imos ter que emigrar todos a sudamérica a traballar por un dolar hora (aquí non quedará nin o que nos pague eso)
8/3/06 12:01
pois que os da CIGA sigan aquí dando por cú todo o que poden que imos ter que emigrar todos a sudamérica a traballar por un dolar hora (aquí non quedará nin o que nos pague eso)
8/3/06 12:01
Non lle des ideas ós da C.I.G. que son un peligro.
O goberno caladiño, non sexa que se moleste a alguén. Qué fodido ten que ser vivir como Dr. Jeckill e Mr. Hyde. ¿Dónde nos poñemos, cos amiguiños dos cartos, cos reventadores ou con esa maioría de traballadores temporais ós que se lles vai o choio ó carallo? That`s the question...
8/3/06 12:28
Os que apoian os traballadores de Calvo son os da UXT. Na CIGA hai consignas de calar para non joder o pastel. ¿Alguén os oiu?
9/3/06 21:33
Os da CIG non dirán nin un chío, sólo hai q ver quen é o seu representante e os seus intereses políticos (e ver se é fixo ou non). Ademáis, non sea q Chano se enfade e non lle dea máis cartos a Xiria e deixe de ser amigo do BNG... O final todo é a mesma mer...
11/3/06 11:32
pero de que vades?
O acusar é gratuito,
vos sabedes algo do que está pasando na de Calvo?
Vos sabedes o papel que está facendo a CIG en todo esto?
Escoitachedes as declaracións do seu representante?
ASí que no conflicto que ten Calvo cos seus traballadores tamén ten que ver o Alcalde de Carballo?
Algúns aquí tendes Evencitis aguda, e eso so volo pode curar unha vacuan, pero para eso tendes que conseguir a maioría, e vaivos a costar moooooooito.
14/3/06 16:33
Publicar un comentario
<< Home