Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 07, 2006

Nova páxina web en Carballo


Damos a nosa calurosa benvida a unha nova páxina web creada na nosa localidade: www.astrober.com

É unha páxina adicada por completo á astronomía, creada por Pablo Canedo e Juan Pérez, que ten moi boa pinta, ainda que está empezando. Artigos sobre o tema, enlaces a mapas de luminosidade e de predicción meteorolóxica, chat, foros, fotografías,… Ademáis, Pablo Canedo tamén mantén unha web persoal, con gran cantidade de fotografías do ceo (aquí).

Ánimo, é importante que a rede en Carballo medre e se diversifique.

P.D.: Ó fío desta nova, informámosvos que onte foi inaugurada no Museo de Bergantiños unha exposición que ten moi boa pinta, titulada “As profundidades do cosmos”, con montaxe da Diputación da Coruña: réplicas de traxes de astronauta, maquetas de naves espaciais, planetario,…Dádevos présa e ide a vela, porque só estará ata o día 16.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner