Cheira a gas
Non é ningunha novidade. De novo esta fin de semana os bombeiros de Carballo tiveron que saír á rúa e moitos veciños pasaron unha xornada de preocupación por mor do forte cheiro a gas que se detectaba en varias zonas da vila.
Coma en tódalas ocasións anteriores, comprobouse que se trataba dunha falsa alarma, pero o certo é que o medo no corpo non se lle quita a nadie tan facilmente.
Van xa moitos sustos similares, e os carballeses empezamos a estar afeitos á escena: saímos á rúa, cheira a gas, vemos ós bombeiros correndo dun lado para outro, entre algúns cunde a alarma, compróbanse as conexións da rede de gas, e ó final non pasa nada. Daquela, ¿de ónde ven ese cheiro? ¿Ven de fugas sin detectar na propia rede do casco urbano? ¿Tráeo o vento dalgún outro lugar?
O misterio continúa, e xa vai sendo hora de que alguén o aclare, porque coa seguridade cidadá hai que andar moi vixiante, non vaia suceder un día coma naquel conto do lobo.
2 Comments:
As causas dos escapes son supostamente defectos nas instalacions suministradoras aos edificios, as chamadas acometidas, investigade que empresa se ocupou disto e como e o negocio do mantemento e sabredes a precariedade que se esta a facer neste senso...
2/3/06 13:59
a empresa creo que era IFEcgas Pereira
7/3/06 13:22
Publicar un comentario
<< Home