Terra Galega
Tal e como puidemos saber nas últimas datas pola prensa en papel e dixital, Terra Galega vai realizar mañá a súa presentación en sociedade, a celebrar no Pazo da Cultura.
Como quizá algúns dos nosos lectores xa saiban, trátase dun partido de corte centrista e nacionalista formado por persoas procedentes de diversos partidos independentes. No caso da zona da Costa da Morte nútrese do CDI (centro democrático independente) e ten en Manuel Andrade e Xan García Pouso ós seus principais valedores.
As expectativas da agrupación...
... pasan por pasan por presentar listas en tódolos concellos de Bergantiños e presentarse á eleccións autonómicas. Segundo as enquisas que afirman manexar obterían representación na Deputación, e no Parlamento galego ata 7 deputados.
Unha das propostas políticas da formación, tal e como recolle A Nosa Costa, é a eliminación das Deputacións e a potenciación das comarcas e os concellos.
Ademais da presentación a celebrar mañá no Pazo de Cultura, onde Manuel Andrade exercerá coma anfitrión, teñen previsto un congreso a nivel galego o 1 de abril en Santiago.
8 Comments:
bueno, as enquisas... 7 ou 70 deputados.
(Hai quen non se pon colorado)
23/2/06 10:58
É o que facia falta en Galiza, un partido nacionalista de dereitas, ao estilo Ciu ou Pnv,pero vendo quen e o seu maximo representante(ou un dos seus valedores) podo asegurar que sera un partido de dereitas mirando polo interes personal...e o de nacionalista pouco lles vexo eu a estes...
23/2/06 15:31
é un partido personacionalista
23/2/06 17:12
Cada vez que un partido no que militan estes do CDI de Carballo se apodan nacionalistas, dame a risa, sinceramente.
Pero coñecédelos? Escoitástelos algunha vez? Nacionalistas? En fin, se estes son nacionalistas eu marcho do país. E aínda non sei como se atreven a chamarse "Terra Galega". Aínda se lle puxeran un posesivo diante ("Miña" Terra Galega), pasaría, pero en fin, sen máis comentarios
24/2/06 11:00
Un partido nacionalista , lo dudo mucho y de derechas, pués no sé,
el alcalde de Narón es de izquierdas y nacionalista, y otros miembros como Xan Garcia, fue candidato del BNG por Vimianzo, el representante de Muxía, Barrientos fue del PSOE y de la CPG. Creo que hay de todo o quizás de nada
24/2/06 11:20
Son os restos. A xente que non quere nadie, xa ten o seu sitio.
24/2/06 12:30
Está claro que esto es un cajón "de-sastre" a donde van a parar los que no encuentran hueco en ningún lado. Lo de nacionalistas??????? Por favor, ¿alguien ve a alguno de estos elementos defendiendo algunos intereses que no sean los suyos propios? Si todo transcurre según lo debido, esta formación será flor de un día, porque no es ni chicha ni limoná, y ciertamente, sus componentes no ofrecen ninguna confianza.
24/2/06 13:17
Viva eu xa o dixen sempre
"Ternera Gallega" tiña que acabar en partido político, si polo estómago é por onde se convence á xente,
e aquí hai moito comellán,
eu o que non sei é como convenceron a Gato, un dos mellores alcaldes Galicia.
Vai apañado, eu creo que non conoce ban a andrades e xanciños, pero alá el.
24/2/06 18:32
Publicar un comentario
<< Home