Aclaracións do PP sobre a homenaxe a Fraga
Recibimos a seguinte aclaración do PP de Carballo, en relación co último post publicado por Carballo Dixital, titulado Homenaxe a Fraga:
En relación co comentario anónimo publicado na noticia “Homenaxe a Fraga”, o PP de Carballo quere facer as seguintes puntualizacións:
1º.- É unha falsidade decir, como di o autor do comentario, que “La Opinión Coruña… comenta que o PP de Carballo pídelle aos medios de comunicación que lle inserten anuncios gratuitos para a homenaxe a Don Manuel, xa que desde que non teñen o poder xa non teñen cartos.” Non é certo que La Opinión dixera eso, senón algo moi distinto, que transcribimos a continuación: “El PP de Carballo asegura que es "pobre" para organizar una fiesta a Fraga. Los del Partido Popular de Carballo andan estos dias pidiendo la solidaridad de los medios de comunicacón para anunciar de forma gratuita el banquete homenaje que le han preparado a Manuel Fraga ahora que se ha metido a senador. "Somos pobres", dicen, "no nos queda dinero para publicidad".”
2º.- En ningún momento pedimos que se nos incluira ningun tipo de publicidad sin pagala, e unicamente remitimos unha información con un comentario xocoso que para nada debe estar suxeta a interpretacións maliciosas. Para que se poida corroborar o que decimos este foi o email textual que o PP remitiu ós medios de comunicación: “Queríamos dar publicidade ó homenaxe a Fraga. Como somos pobres non podemos pagar a inserción en publicidade polo que os agradedeceriamos moito a vosa colaboración.” (e seguía o texto da nota anunciando a homenaxe a Manuel Fraga). Esto pode ser fácilmente contrastado......consultándollo a calquera dos 4 medios que recibiron o email: La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Costa e Diario de Bergantiños.
3º.- Que eso se publique nunha columna de tono simpático ou curioso, como a que leva por título “Si no lo leo no lo creo”, no diario La Opinión, indica que se tomou precisamente como o que era, unha broma. Broma que foi intencionadamente terxiversada polo autor do comentario, cambiando o texto e o contexto.
4º.- Finalmente, decir que “cando estaban no poder usaban os cartos públicos para beneficio do partido” califica como un calumniador de tomo e lomo a quen di eso. Eramos pobres e seguimos sendo pobres en cartos, pero non en dignidade. O PP de Carballo sempre tivo un comportamento digno estando no goberno e estando na oposición, cousa que outros non poden decir.
Efectivamente, outro comentario deixado posteriormente (16:45 h.) en Carballo Dixital, confirma o que di o PP en canto ó texto publicado por La Opinión. Así pois, o comentario anterior incurría nunha falsedade.
Desde Carballo Dixital pedímoslle disculpas ó PP por telo publicado (aínda que xa deciamos que non tiñamos confirmación de que fora certo o que decía). E ó autor do comentario anónimo, lembrarlle o vello refrán que di que se colle antes a un mintireiro ca un coxo.
Enlaces relacionados:
Homenaxe a Fraga
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home