A Xunta aproba a modificación do PXOM para levar a cabo a reforma do parking-centro comercial
Un dos temas máis destacados dos últimos meses (e anos) en Carballo ven de dar un salto cualitativo cara adiante, tal e como descubrimos onte na Voz de Galicia, trala visita do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Luis Vázquez, á localidade.
Vázquez indicou que a comisión superior de urbanismo aprobara a modificación e felicitou ó goberno local polo respecto á legalidade ó ter esperado por este informe.
Deste xeito desbloquéase o procedemento para a apertura da única oferta presentada, e desaparece a “excusa” (tal e como a chamou Manuel Andrade) para que se outorgue a concesión, ou ben se declare deserto o concurso, posibilidade que…
… Andrade e Evencio tentaron ocultar no seu día, e que xa desvelara Carballo Dixital.
Así pois, estamos ante a hora da verdade para Evencio Ferrero e para o goberno tripartito de Carballo. A decisión ten que ir entre sacar adiante a oferta presentada sen demora, declarala deserta, ou realizar unha consulta ós carballeses para coñecer a súa opinión e obrar en consecuencia. O que está claro é que non se pode seguir mareando a perdiz nun tema deste calado, e que, conforme ás previsións do propio goberno, leva xa dous anos de retraso.
Sexa dun xeito ou de outro, a obriga do alcalde é dar a coñecer moi polo miudo a única oferta presentada ós carballeses, para que todos saibamos qué se vai facer coa nosa praza. Por iso propoñemos que o contido do anteproxecto presentado se colgue na páxina web do Concello e que se remita ós medios de comunicación, incluidos os de Internet, para que a difusión e as valoracións sexa o máis amplas posibles.
Outros enlaces relacionados:
Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial
O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás
Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial
Información sobre el probable concesionario del Centro Comercial
O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)
Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)
Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)
El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)
¿Y tú qué opinas?
Non teñamos medo a opinar
Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)
Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)
O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local
El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado
Centro comercial-parking ¿Descartarase?
El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial
Andrade ataca a PSOE e BNG pola paralización do concurso do mercado
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home