O PP di que a web municipal fai "burda propaganda partidista"
O PP fixo pública unha nota de prensa en relación coa paralización da concesión da minicentral hidroeléctrica do río Carral. Os populares critican a información aparecida ó respecto na web municipal, decindo que "unha páxina web municipal debera proporcionar información institucional e non burda propaganda partidista."
Segundo o PP, a web municipal atribúe o mérito da paralización ás alegacións presentadas polo actual goberno fai un ano, silenciando que o Concello de Carballo xa presentou alegacións contra ese proxecto fai 6 anos. O PP pídelle ó goberno que "a próxima vez que [...] dea información, [...] que a dea completa e que non se colgue medallas que non lle corresponden."
Podedes ler a nota íntegra a continuación:...
"TODA A VERDADE SOBRE A PARALIZACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA NO RÍO CARRAL
A querencia deste goberno pola propaganda non entende de matices. De ahí que, coma sempre, a información que da é sesgada.
Neste caso, tocoulle o turno á paralización da central hidroeléctrica no río Carral (Sofán). O que lea a noticia publicada hoxe na prensa, ou na páxina web municipal ( "O proceso de concesión iniciouse hai máis de sete anos e, xa por aquel entonces, presentáranse alegacións por parte de diferentes sectores ao aproveitamento hidroeléctrico. O Concello de Carballo presentou, hai un ano aproximadamente, alegacións" , di a web), sacará a conclusión equivocada de que a paralización conseguiuse exclusivamente gracias ó BNG, que o Concello non fixo nada ata hai un ano. Nada máis lonxe da realidade. De ahí que queiramos poñer as cousas no seu sitio.
O anuncio de exposición pública do proxecto publicouse no BOP de 17-7-1999 e no DOG de 27-7-1999, abríndose un prazo para presentar alegacións.
Naquel momento (1999), o Alcalde, do Partido Popular, encargou un informe técnico sobre o proxecto, concluindo que presentaba numerosas deficiencias:
* - non se incluía plano de ubicación da central en relación ó río.
* - o azude incluido nos planos carecía da "escala de peixes" necesaria para garantizar a libre circulación da fauna piscícola polo cauce.
* - a lonxitude do azude non está clara.
* - a cámara de carga ou sedimentaión está situada na zona de servidume de uso público definida na Lei de Augas, impedindo o libre tránsito de pescadores e persoas pola mesma e incumplindo a devandita Lei e o seu Reglamento.
* - Nos planos represéntase unha rexa de limpeza manual a pesar de que na memoria se fala dunha rexa con limpiarrexas automático.
* - Non se prevía ningún cerramento da zona aberta da cámara, co conseguinte perigo de caída na mesma de persoas ou da fauna terrestre.
* - Non existían planos da instalación de tubería reforzada.
* - Non existían planos ben definidos do edificio da central, aínda que se deduce que este se encontraría na zona de servidume de uso público definida na Lei de Augas, incumplindo así a Lei.
* - Nos planos non figura o aillamento acústico citado na memoria.
* - O proxecto carecía de planos da liña eléctrica de media tensión prevista.
* - O proxecto carecía de planos de trazado de camiños de acceso ó edificio da central.
* - O estudio hidrolóxico peresentaba unha total falta de claridade, limitándose a unhas fotocopias coa información cortada.
* - Non figura o cálculo de producción no Proxecto.
* - O cálculo hidráulico estaba mal realizado, xa que se consideraba como lonxitude da tubería forzada 1.300 m., cando segundo os planos son 900 m.
* - Existían contradiccións entre os datos citados na memoria e o representado nos planos.
* - O Estudio de Efectos Ambientais (EEA) era de moi baixa calidade, e parecía feito doutros estudios, en vez de ter sido redactado específicamente para o Proxecto ó que se refería.
* - O EEA presentaba numerosas contradiccións co Proxecto para o que en teoría se redactou: no proxecto non se inclúe a "escala de peixes", malia que o EEA recomenda a súa inclusión; o edificio da central non cumple as especificación sinaladas no EEA; non se proxecta rexa de protección na saída de auga da central, malia que se recomenda a súa inclusión no EEA; o caudal ecolóxico, segundo o Proxecto Básico, é de 0,15 m3/seg, cando no EEA aparece nuns apartados 0,15 m3/seg. e noutro 0,5 m3/seg.
* - Os Planos de situación son de moi baixa calidade, non representando a situación das obras.
* - etcétera.
Con base nese informe técnico, o Concello (gobernado polo PP) presentou alegacións en 1999 . A páxina web municipal di "presentáronse alegacións por parte de diferentes sectores". Ben, se o Concello é un "sector", está ben. Como manipulación, perfecto.
Esas alegacións do Concello foron as que conseguiron paralizar o expediente de concesión durante varios anos. O BNG, oportunistamente, subiuse ó carro cando o Concello xa tiña dado os pasos pertinentes. As alegacións presentadas polo actual goberno (segundo din, fai un ano) viñeron a sumarse ás xa presentadas 6 anos antes polo Concello gobernado polo PP.
Pero, lamentablemente, a suspensión acordada agora pola Xunta de Galicia non é definitiva, senón provisional, e non afecta só a este proxecto, senón a tódolos proxectos similares, en tanto se revisa o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías hidrográficas de Galicia-Costa. O PP, que gobernaba en Carballo cando se presentaron as alegacións, espera que esa suspensión se convirta en definitiva unha vez se produza esa revisión, pero aínda non poden botarse as campás ó voo.
Xa que logo, a próxima vez que o goberno do BNG dea información, por favor, se non é moito pedir, que a dea completa e que non se colgue medallas que non lle corresponden, máxime nunha páxina web municipal que debera proporcionar información institucional e non burda propaganda partidista."
3 Comments:
Supoño que non vos estraña que aproveiten a súa páxina para facer propaganda. Usan o salón de plenos para cantas caralladas do bloque se lles ocorre inventar, cantan co puño en alto, meten unha merda de estatua dun que está aprendendo a SER ESCULTOR Á NOSA COSTA (SEICA VAI FACER OUTRA EN DESAGRAVIO...), teñen comprados ós medios de pu y pro (cando eu estudiaba chamábase así á conta de "publicidad y propaganda"). Mentras todo esto sucede, ós vosos amigos do pp non os sentimos protestar. Se non se fan eco os periódicos, ó mellor teñen que chamar á radio e soltarlles unha boa de ves en cando.
13/2/06 10:37
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
13/2/06 12:39
Sobre méritos e deméritos, hai moito que dicir, e parece de chiste que o PP se atribúa logros en canto ao peche de minicentrais.
Que goberno autonómico permitiu que Galiza se inzase de hidroeléctricas e muíños de vento?
E que goberno vén de paralizar as concesións nos nosos ríos?
Que o PP xa presentara alegacións fai anos? Paréceme ben. E que resposta lle deu o seu "goberno amigo" do PP, con Sueiro coma deputado, a esas alegacións?
O que hai que oír, o PP como gran defensor do noso medio ambiente, despois das aberracións urbanísticas en todo o país, o escándalo da Fervenza do Xallas... Vivir para ver.
16/2/06 10:40
Publicar un comentario
<< Home