Primeiras propostas para carballés, bergantiñán e galego do ano 2005
O Consello Asesor do Padroado Fogar de Bergantiños, formado por representantes dos medios de comunicación e dos departamentos de cultura de cada concello da comarca de Bergantiños, aprobou onte a primeira relación de candidatos ós premios de carballés, galego e bergantiñán do ano 2005.
O Padroado invitou a Carballo Dixital a participar no Consello Asesor. Sentíndoo moito, declinamos a invitación para salvagardar o noso anonimato. Decisión que foi respetada polo Padroado, que xentilmente nos invitou a participar por email. Así o faremos.
Os 15 nominados polo Consello Asesor, así como os méritos de cada un deles, son os que se relacionan a continuación:
Carballés:
José Arijón Rama: Presidente da Casa de Galicia de Montevideo, natural de Oza - Carballo.
José Manuel Cousillas Bermúdez: Enxeñeiro aeronáutico e director de atención ó cliente da compañía Airbús. Nacido en Carballo.
Fran Gómez Pallas e Juan Fernández Puga: Dous dos carballeses máis destacados no deporte do motociclismo (Candidatura conxunta).
Centro de Formación Ocupacional de Carballo: Pola súa labor continuada na formación e integración laboral no Concello de Carballo.
......
Bergantiñán:
Asociacións de loita contra o Cancro da Comarca de Bergantiños.
Cantareiras da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica): Pola participación na banda sonora da película "Heroína".
C.R.A. (Colexios Rurais Agrupados) Nosa Señora do Faro de Ponteceso: Pola súa innovación en programas educativos
Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés: Nacido en Ponteceso. Doctor en historia medieval, director do Instituto de estudios galegos "Padre Sarmiento".
Xelucho Abella Chouciño: Natural de Malpica. Profesor de filosofía e escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca.
Galego:
Ángel Carracedo Álvarez: Natural de Santa Comba, catedrático de medicina legal da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.
Luís Tosar: Actor galego, por protagonizar a primeira adaptación de Hamlet de Shakespeare ó galego.
Xosé Neira Vilas: Escritor galego.
Carmen Avendaño Otero: Fundadora da Fundación Érguete Integración.
Julio Fernández Rodríguez: Director da productora galega Filmax.
Francisco González Pérez (Fran): Futbolista galego que rematou a súa traxectoria profesional no ano 2005.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home