Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, febrero 03, 2006

Anuncios publicados no BOP


Facemos un repaso dos anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia durante o último mes. Destacamos o anuncio de creación e modificación de bases de datos e ficheiros automatizados que conteñen datos de carácter persoal existentes no Concello de Carballo. Son 17 bases de datos de todo tipo. Téñennos controlados.

4-1-2006:...

- Aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestrutura para a execución do nó de intersección entre unha rúa municipal e a estrada AC-416 (refírese a estrada Carballo - Malpica), presentado por José Pena García. Sométese a información pública por un prazo de 20 días.

- Anuncio de concurso con procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia para a "Realización do estudo, análisis, descripción e valoración dos postos de traballo do concello de Carballo". O prazo de execución é de 6 meses, e o presuposto base de licitación é de 25.000 euros.

10-1-2006:

- Sométese a información pública , por prazo de 20 días, a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas consistentes en liña eléctrica subterránea de media tensión de 320 m. de lonxitude, con orixe no tramo de liña que interconecta o C.T. Iglesario e o C.T. Campo Feira Milagrosa e final no C.T. en R/ río Miño, 37; así como centro de transformación subterráneo ó lado do edificio nº 37 da rúa Río Miño.

- Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución de instalacións eléctricas en varios puntos da estrada AC-414.

- Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución de instalacións eléctricas consistente en liña eléctrica aérea de media tensión no tramo Cances-Fondal.

14-1-2006:

- Pago de xustiprezo a varios propietarios expropiados pola vía AC-412, Carballo-A Silva.


24-1-2006:

- Anuncio de creación e modificación de bases de datos e ficheiros automatizados que conteñen datos de carácter persoal existentes no Concello de Carballo. Son os seguintes, coas finalidades que constan ó lado:

Número 1. Ficheiro automatizado base de datos de terceiros Burowin. Xestión tributaria e recadación.


Número 2. Ficheiro automatizado Rexistro. Xestión do rexistro de entrada e saída do Concello.

Número 3. Ficheiro automatizado Xenérico WINFLOWPAC. Xestión dos procedementos administrativos competencia do Concello de Carballo.

Número 4. Ficheiro automatizado Padrón de habitantes. Xestión do padrón de habitantes controlando as altas e baixas da poboación e as súas posibles variacións.

Número 5. Ficheiro automatizado Padróns fiscais. Facilitar o labor tributario da Administración local e permitir a xestión dos diferentes obxectos tributarios e o seu mantemento e actualización.

Número 6. Ficheiro automatizado Recibos. Módulo de recadación. Xestión das débedas da cidadanía coa Administración.

Número 7. Ficheiro automatizado Xestión catastral. Información de todos os inmobles presentes no territorio.

Número 8. Ficheiro automatizado Multas de tráfico. Xestión de todas as multas e das denuncias tramitadas.

Número 9. Ficheiro automatizado Base de datos de terceiros SICAL001. O ficheiro automatizado Base de datos de terceiros contén información centralizada de todos os terceiros que se relacionan coa entidade para a realización da xestión económica e financeira.

Número 10. Ficheiro automatizado Módulo de nóminas. Xestión retributiva dos/as empregados/as do Concello de Carballo.

Número 11. Ficheiro automatizado Xestión de auga e residuos. Xestión dos recibos de auga e residuos.

Número 12. Ficheiro automatizado Xestión de centros de ensino. Xestión de alumnos, matriculación e plans de estudo, xestión de grupos, xestión académica, xestión económica...

Número 13. Ficheiro automatizado Rexistro de asociacións. Rexistro das asociacións que operan no Concello de Carballo e que desexan acceder a calquera tipo de axudas ou subvencións.

Número 14. Ficheiro automatizado Usuarios/as de Cultura. O sistema permite a xestión e control daqueles cidadáns e cidadás que desexan recibir información de todos os eventos culturais que se desenvolven no Concello de Carballo.

Número 15. Ficheiro automatizado Usuarios/as Ludoteca. O sistema permite a xestión e control dos/as usuarios/as da Ludoteca do Concello de Carballo.

Número 16. Ficheiro automatizado Meiga. Xestión da Biblioteca Municipal de Carballo.

Número 17. Ficheiro automatizado EUROCOP. Xestión das competencias da policía municipal.

27-1-2006:

-Pago de xustiprezos da expropiación da autopista Coruña-Carballo a varios propietarios.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner