Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 01, 2006

Feísmo


Nos últimos días volve a estar de actualidade un debate vello, acerca do feísmo arquitectónico, da falta de remate das construccións particulares, etc..

A semana pasada, a Conselleira do ramo, Teresa Táboas, anunciaba a próxima aprobación de subvencións de ata o 30% do custo da obra para rematar casas inacabadas. Pero, ó mesmo tempo, pásaballe a pelota ós alcaldes decindo que deberan ser os Concellos os que obrigasen ós propietarios a rematar as vivendas.

E os alcaldes da bisbarra devólvenlle a pelota á Xunta, alegando…
… que carecen de medios para esa función: «Non nos poden pedir que teñamos máis competencias sen medios para levalas á práctica. Que executen eles», di o alcalde de Muxía.

Antonte era Xosé Luís Barreiro Rivas o que, baixo o título "La vivienda interminable", decía na prensa que “tengo la ligera sospecha de que todo el problema del feísmo está relacionado con el hecho de vivir en el país con menor capacidad de ahorro y con los salarios y pensiones más bajos de España, y con la necesidad que tuvimos de sustituir cientos de miles de viviendas tradicionales que sólo eran tellozas […] sólo al final de esta dramática casuística aparece ese paisano tozudo y descuidado al que la Ley de Ordenación Urbanística quiere obligarle a terminar su casa a base de multas y apercibimientos. Pero la realidad no se cambia por decreto […] si adelantamos la faena y echamos mano al estoque, podemos salir corneados.”

Pode ser que nalgúns casos leve razón Barreiro, pero tamén hai outros moitos en que non son motivos económicos os que levan a deixar as casas a medias. Non esquezamos que o boom urbanístico dos anos 60-70 en Galicia e en Carballo en particular, se produciu precisamente polo desarrollismo daqueles anos e pola emigración, nun momento en que non existía entre nós a cultura da conservación nin unha preocupación especial pola estética urbanística. En Carballo, son paradigmáticos os barrios de San Cristovo ou o Igrexario; barrios nos que, aparte dunha mala planificación urbanística (a avaricia rompe o saco), a calidade estética das construccións deixa moito que desexar.

Pola contra, pódese opoñer o exemplo de Portugal, que, por terse desenvolvido máis tarde, fíxoo nun momento en que esa preocupación estética estaba máis arraigada a nivel xeral, e así non se ven as aberracións que temos que soportar en Galicia, destacando ademáis os portugueses na conservación e rehabilitación de edificios, barrios e vilas antigas.

É decir, trátase dun problema de cultura. Cando a sociedade asumiu o cambio de cultura, cambiaron as construccións. Proba diso é que, na actualidade, a inmensa maioría das construccións en Carballo fanse con calidade e gusto.

Pero é necesario poñerlle algún remedio á desfeita anterior. Onte, a edición local de La Voz volvía a tratar o tema a nivel comarcal, e publicaba varias fotos con algúns exemplos sangrantes.

Poden verse algúns casos en pleno centro de Carballo, como a casa que leva anos e anos en estructura na rúa Valle Inclán.

Pero tamén hai outro tipo de feísmo, ¿qué nos decides dalgunhas obras públicas? ¿Non existe tamén feísmo en determinadas obras públicas de Carballo?

Tal é o caso da igrexa nova, para a que houbo que derrubar a antiga, que seica estaba “en perigo de derrumbe” (por iso costou Deus a axuda tirala); ou a nova Casa Consistorial, que sustituiu ó vello e bello edificio de Julio Galán. Ambos edificios novos foron protagonistas de sucesivas reformas ó longo da súa breve vida, o que quere decir que tiñan defectos de diseño ou de calidade de construcción. Ou sexa, que se cambiou para peor. No mesmo artigo que citabamos máis arriba, Xosé Luís Barreiro poñía o dedo na llaga cando decía: “Hay otras culpas, […] relacionadas […] con la pésima calidad de nuestra arquitectura”.

Todo é opinable. Esta é a opinión dos administradores de CD ¿cal é a vosa?



Nota: A foto do cruce entre un hórreo e unha parede de bloque que dou como resultado esa espantosa mutación, foi tomada en Palas de Rei e sacámola de aquí. ¿A que aínda non se lle ocurrira a ninguén facer algo así? “El ser humano es imprevisible”.

Tedes tamén unha páxina dedicada exclusivamente ó feísmo, aquí.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner