Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 01, 2006

Concello de 30.000 habitantes busca concelleiro de Deportes


Este é o título da nota que nos envían as Novas Xeracións do Partido Popular de Carballo, que transcribimos de seguido:

Este texto ben podería figurar na sección de anuncios por palabras de calquera diario de España. E ese Concello é Carballo. Porque tras case 3 anos de goberno tripartito, Carballo é o único Concello de España que non ten concellería de Deportes. E esto sucede nun goberno de 11 concellerías, onde se inclúen áreas tan pormenorizadas como Socorrismo, Cemiterio ou Normalización Lingüística. Incrible pero certo.

Hai que lembrar que tanto Ferrero coma outros membros do seu grupo son persoas tradicionalmente vinculadas ó deporte, que durante anos censuraron a política deportiva do PP, e que nos prometían ós mozos toda clase de iniciativas e actividades na materia se chegaban a gobernar (vamos, se lles votábamos). E tamén hai que lembrar que a delegada provincial de Deporte é carballesa e do BNG. Pois ben, nos case 3 anos que levamos de tripartito a “xestión” deportiva pode resumirse no seguinte: unhas pistas construidas no Chorís en terreo e con cartos acadados gracias ó anterior goberno do PP. Punto.

Polo demais, compre lembrar...
...as seguintes “perlas” que en materia de deporte nos leva regalado este goberno:
- A idea dun campo de golf da que non hai absolutamente nada sobre a mesa, e que partiu do concelleiro de Urbanismo.
- O anuncio “por todo lo alto” dunha cidade deportiva da que non volvemos saber nada, e que tamén partiu do concelleiro de Urbanismo.
- O incumprimento do compromiso de solucionar o conflicto do circuito de Bértoa, que 3 anos despois sigue igual de paralizado, e igual de olvidado.
- A parálise dun ximnasio na piscina nova, construída polo anterior goberno, que 3 anos despois sigue esperando por que lle dean algún uso.
- Unha pista de xeo promovida por empresarios particulares (vista a nula iniciativa municipal), de cuxo mérito tanto o alcalde como a Xunta intentaron apropiarse desvergonzadamente.
- E cremos que había alguén que propoñía carriles-bici, pero deso costa traballo lembrarse.

Visto o anterior, moitos xóvenes carballeses preguntámonos durante todo este tempo se existía unha concellería de Deportes, ou se fora abducida nun extrano Expediente X. Hai que facer un auténtico traballo de investigación para descubrir que, oficialmente, se creou ó principio da lexislatura una concellería de Deportes, cuxa responsabilidade recaía en José Antonio Periscal. Sen embargo, durante os dous anos e medio que Periscal botou ocupando o cargo, tan só soubemos que esta persoa existía porque construiu unha vivenda ilegal e dimitiu. Non lembramos telo visto nunca inaugurar, anunciar, o explicar nin unha soa iniciativa en materia de deporte. Logo do “contratempo urbanísitico” de Periscal, atopámonos con que a concellería de Deportes era suprimida do organigrama do goberno, para ser xestionada “persoalmente” polo propio alcalde Evencio Ferrero. Hai que recoñecer que, grazas a esta circunstancia, puidemos coñecer cal é a súa verdadeira capacidade de xestión: cero a la izquierda.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O ACTUAL ALCALDE É O MELLOR CONCELLEIRO DE DEPORTES QUE TIVO CARBALLO NA SÚA HISTORIA

- pistas do chería,
- aforro de varios millóns de pesetas nas instalacións deportivas que Varela deixou don debedas anuais de case 20 millóns de pesetas anuais
- apertura por primeira vez na historia das instalacións do fogar ao público.
- Apertura do patronato deportivo a todos os partidos políticos.
- Convenios por primeira vez con asociacións deportivas.
- Reparación da piscina vella.
- Area deportiva do outón de rus
- arranxo do campo de futbol de sofán e de berdillo
- Pago dos pufos que deixou o PP nas eiroas
- Campo de entrenemento nas eiroas
- Pista de atletismo nas eiroas

que eu me acorde

2/2/06 17:11

 
Anonymous Anónimo said...

Esto é para nota:

- "pistas do chería". Supoño que te referirás ás do Chorís. Tal e como di a noticia, os terreos conseguiunos o alcalde anterior, e creo que se executaron tamén cos cartos que deixou o anterior goberno.
- "aforro de varios millóns de pesetas nas instalacións deportivas que Varela deixou don debedas anuais de case 20 millóns de pesetas anuais" ¿Cómo "aforro"? ¿Cómo se aforrou? ¿Eso é un logro?
- "apertura por primeira vez na historia das instalacións do fogar ao público." ¡Dioooooos! ¿E logo ata agora os rapaces non usaban as pistas do fogar?
- "Apertura do patronato deportivo a todos os partidos políticos." ¡Ohhh, qué tolerancia! Con iso xa están resoltos tódolos nosos problemas.
- "Convenios por primeira vez con asociacións deportivas." As axudas á asociacións existiron toda a vida. A novidade é que agora algunhas saen mellor paradas, se cadra refíreste a eso.
- "Reparación da piscina vella." Criminal. Un alcalde que ten como éxito reparar cousas que fixeron outros. O mellor.
- "Area deportiva do outón de rus". ¿Dende cando hai unha área deportiva no Outon? Se te refires á praza, tamén ven do anterior goberno.
- "arranxo do campo de futbol de sofán e de berdillo" . Logo de pedilo de rodillas. Tamén un logro deses que impresionan.
- "Pago dos pufos que deixou o PP nas eiroas"- Supoñendo que sexa certo, outra fazaña.
- "Campo de entrenemento nas eiroas". Esto é certo. O día que vexa a alguén entrenar alí parecerame unha boa obra, pero ese día aínda non chegou.
- "Pista de atletismo nas eiroas". ¡Non fastidies! ¡Pista de atletismo! ¿E cando veñen facer o campionato de Europa?

Agora compara o que acabas de contar co que o Bloque prometeu cando estaba na oposición. En fin, o que non se consola, é porque non quere.

2/2/06 18:15

 
Anonymous Anónimo said...

pero...porfavor...pero...quien ha hecho algo por el deporte en carballo?? yo recuerdo, de toda la vida, que las gentes que hicierno algo son de muchos partidos, pero el bng el que mas.

firmado
uno que nunca voto ni votará...o eso creo

4/2/06 12:58

 
Anonymous Anónimo said...

Certo, fixérono dende asociacións deportivas. Pero unha vez que chegaron ó poder, onde máis cousas se poden facer, parece que lles interesan máis outras cousas, e do deporte pasan olimpicamente, nunca mellor dito.

4/2/06 15:46

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner