Problemas coa luz na rúa Coruña
Parece incrible, pero en pleno século XXI, mentres se está a instalar a fibra óptica de R polas rúas de Carballo, a principal rúa da nosa vila presenta problemas de voltaxe eléctrica, que mesmo fan imposible o funcionamento dalgúns aparatos.
Tal e como recollía...
...pormenorizadamente La Voz de Galicia o pasado sábado, nalgunhas vivendas e locais da rúa peatonalizada, a voltaxe non acada os 220 voltios habituais e necesarios, senón que se queda en ocasións por debaixo de 200. Así se puido constatar mediante medicións “in situ” que o xornal recolle ilustradas cunha fotografía.
En canto ás causas deste lamentable feito, un traballador de FENOSA apunta a unha posible relacións coas obras das aceras efectuadas non hai moitos meses, aínda que algúns veciños dubídano, pois os problemas comezaron hai menos tempo.
Coma queira que fose, ben sexa o Concello, a Xunta, ou a propia FENOSA, teñen a obriga de poñerse mans a obra de inmediato, pois é inconcebible que a que pasa por ser a rúa máis moderna da nosa vila, na que recentemente se invertiron tantos cartos, non cumpra cun servicio básico e esencial.
1 Comments:
A ver se a auga do túnel non foi chegar ós cables...
31/1/06 19:09
Publicar un comentario
<< Home