Andrade ataca a PSOE e BNG pola paralización do concurso do mercado

Como podedes ver, nesas declaracións Andrade ataca con contudencia ó bipartito da Xunta, intenta xustificar a modificación urbanística para aumentar a superficie do mercado a costa das pistas e do xardín, culpa ó anterior goberno (por non calificar como de uso comercial as pistas e o xardín, ¡tal e como o oídes!), e fala de “disculpa” -que non de “trámite” ou “contratempo”- na paralización do concurso. Tampouco salva da queima ó seus compañeiros de goberno: “a débeda histórica con Carballo segue existindo e espero que o BNG e o PSOE cumpran a súa palabra”.
Comparando estas declaracións…
… coas realizadas por Evencio Ferrero o pasado domingo, non semella que as posicións sexan as mesmas, porque mentres o alcalde non ten ningunha presa e escúdase no retraso do informe da Xunta, Andrade non está pola labor de quedar cos brazos cruzados e quere presionar ós seus socios para que a Xunta informe e o concurso se resolva canto antes.
En fin, que Andrade bota máis leña ó lume das especulacións e dos rumores dos que nos faciamos eco recentemente (parece que non iamos moi desencamiñados). Cada quen, a sacar as súas conclusións.
Outros enlaces relacionados:
El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial
Centro comercial-parking ¿Descartarase?
6 Comments:
Que hai dous governos distintos está fóra de dúbidas. A cuestión é, cal é o obxectivo de Evencio?
1- Que a xente vexa que Andrade é o único responsabel neste tema.
2- Que non dea tempo a que as obras escomecen antes das elecións, aínda que se asine o contrato antes.
3- Que non se chegue a asinar o contrato.
4- Gañar tempo ata aprobar os orzamentos, e cesar a Andrade antes das elecións?
Eu voto pola 4.
26/1/06 17:23
NESTE GOVERNO CADA UN A SALVAR O SEU CU
26/1/06 19:45
Creo q estás errado. Non o vai botar fóra, xq non ten ninguén capacitado para asumir a concellería. Senón, seguro q o facía encantado. E faría ben. Ai, Evenciño, quen te viu e quen te ve... e eras o q quería ser Xefe...
26/1/06 20:54
Yo creo que sí lo va a echar. Justifacará que estuvo con él porque de otra manera no se podía gobernar, que lo cesa porque descubrió algo turbio, o lo que sea. De esa forma se presentará a la elecciones como un hombre intachable, y sin el "lastre" de Andrade (así he visto que le llaman muchos). Luego ya veremos si la gente acepta esas explicaciones.
27/1/06 10:43
O QUE VOS QUEDA QUE SUFRIR,
EVENCIO SEGUIRÁ SENDO ALCALDE ANOS E ANOS,
POR SORTE PARA CARBALLO
2/2/06 17:16
Paréceme que tiveches un "lapsus"
¿Non quererías dicir que Evencio seguirá sendo alcalde anos e anos por sorte para Andrade?
¿Ou que Andrade seguirá sendo alcal.. perdón tenente de alcalde por sorte para Evencio?
2/2/06 18:26
Publicar un comentario
<< Home