Medio paseo máis, ¿medio paseo menos?
Comezan as obras do paseo con polémica polo retraso e os recortes de presuposto
Tal e como informa hoxe a prensa local, acaban de dar comezo as obras do paseo fluvial do Anllóns, que irá da ponte da Milagrosa ó Bosque do Añón. Esta tema xa o tratáramos nun dos nosos primeiros post, cando hai máis de 2 meses se colocaran os carteis de inicio de obra, pero ata estas datas aínda non se teñen iniciado os traballos, que segundo parece na fotografía da prensa, son de limpeza do río e desbroce do terreo.
Non obstante, o asunto ven tinguido de polémica. En primeiro lugar, porque...
...o PP reclama que se trata dunha obra acadada polo anterior goberno, “no sólo había conseguido financiación para el proyecto, sino también la autorización de los propietarios para actuar”. Neste sentido os populares acusan ó tripartito de retrasar deliberadamente a obra porque «puede ser que estén pensando qué partido va a vender la obra; que sea una estrategia del alcalde para mejorar sus resultados electorales, que buena falta le hace, o para que los carballeses se olviden de que lo consiguió el PP». A este respecto, o goberno xustifica o retraso en que antes foi necesario executar outras obras de saneamento relacionadas.
E, en segundo lugar, porque o paseo que se está a executar reduce á metade o presuposto do que no seu día preparou o anterior goberno, de 1.000.000 € a 500.000 €, de modo que se reduce a lonxitude e se perden elementos coma pasarelas peatonais, un anfiteatro previsto na antiga depuradora e un edificio multiusos. O PP critica que o Concello prefira gastar os fondos municipais en pagarlle o soldo a Andrade ou en obras coma o túnel, “y si se gasta en esto no se puede gastar en el Anllóns”.
Que cada un saque as súas conclusións. En calquera caso, esperamos que as obras avancen rápido e logo de tanto retraso pronto poidamos desfrutar dun agradable paseo pola beira do río.
Enlaces relacionados:
A punto de comezar as obras do paseo fluvial do Anllóns
5 Comments:
¿porque vos molesta todo o que se faga en carballo?
sera que estan facendo en dous anos o que non fixeches vos en 12?
3/2/06 23:25
A min non me molesta o que se faga en Carballo. O que me molesta é que se tarden 2 anos e medio en empezar algo que xa podía estar feito y disfrutándose (se non fora porque se meteron os cartos no túnel, claro). E tamén me molesta que o que se iba facer se reduza á metade (polo mesmo motivo). E tamén me molesta que programen as obras para terminarse xusto coincidindo coas eleccións.
¿Será que se están apropiando dun proxecto que deixou financiado e feito o PP para tratar de vendelo como propio?
É comprensible, porque non teñen nada que presentar ó electorado.
¿Molestanche as críticas? Pois son ben fundadas.
4/2/06 14:49
O QUE DI A EX-CONCELLEIRA DO PP É MENTIRA,
o proxecto do río estaba sen aprobar, e aprobouno o AGADER neste mandato, e houbo que recortalo a 500.000 euros porque é o máximo que aproba esta liña de axudas, eso foi o que dixo en publico o noso alcalde.
Parece mentira que estes do PP nos queiran engañar, e sobre todo con mentiras tan grandes como esta. E esto tamén hai que decilo amigos, e contrastar a información, que cando queredes facédelo.
investigue e informese webmaster no anonimato
4/2/06 19:39
Se eso é así ¿por qué se fixo fai 3 anos un proxecto de 1 millón de euros se Agader non daba máis que 500.000? ¿Non será que, de ser aprobado no seu tempo, sería aprobado con 1 millón de euros? ¿Ou non será que en todo caso a diferencia poñeríaa o concello (porque podía, e ahora non pode)?
E encima están orgullosos de empezar as obras ¡3 ANOS TARDE! O que hai que oir...
4/2/06 20:04
¿E qué máis dá que o Agader ese non poña máis de medio millón?
¿En logo o Concello non ten cartos?
¿Onde se están metendo os famosos 4 millóns que se pediron de crédito, porque eu non os vexo por ningún lado?
Claro, se se gastan os cartos en obras coma o túnel, ou en semáforos que solo sirven para provocar atascos, logo non hai para outras cousas.
¿E a nova Xunta? ¿Non ten cartos para Carballo?
Menos excusas e máis obras, que xa pasou tempo abondo.
5/2/06 15:04
Publicar un comentario
<< Home