Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, febrero 09, 2006

Un carballés gaña o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro"


Gracias a Luís Castro (Lucky) por poñernos ó día desta boa noticia: o xornalista Henrique Mariño Lorenzo (Carballo, 1975) foi elixido o pasado luns gañador do XII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” na categoría de mellor traballo publicado en medios de comunicación escritos pola reportaxe “Galicia sabe a mar”, recollida no número 8 da revista de gastronomía, viños e viaxes Spain Gourmetour.

Este premio, convocado polo Concello de Lalín en colaboración coas principais asociacións gastronómicas de Galicia, está dotado nesta categoría para medios impresos con 4.000 euros.

Da reportaxe “Galicia sabe a mar”, o xurado valorou……a súa contribución á difusión dos produtos galegos do mar, xa que a revista “Spain Gourmetour” -publicación do Instituto de Comercio Exterior (ICEX)- edítase en español, inglés, francés e alemán e distribúese en máis de 50 países. Ademais, o xurado xustificou a súa decisión na consideración de que “a gastronomía non se cingue unicamente á fase de preparación das receitas, senón que comeza no cultivo e na elección dos produtos a cociñar”.

O xurado estivo formado polo director do Diario de Pontevedra, Antón Galocha; o subdirector de La Voz de Galicia, Francisco Ríos; o subdirector de El Correo Gallego, Juan Salgado; o xornalista de Faro de Vigo Daniel Fernández; o xefe de informativos de Radio Líder-Punto Radio, Fernando González Macías; o xefe de prensa da Deputación Provincial de Pontevedra, Martín Fernández; e o xefe de prensa da Dirección Xeral de Turismo, Iván Piñeiro.

Henrique Mariño ten traballado e colaborado, entre outros medios de comunicación, nos xornais La Voz de Galicia e El Mundo, nas revistas DT Magazine e Spain Gourmetour, nas emisoras radiofónicas COPE, Radio Galega e Radiovoz e na Axencia EFE.

Aquí podedes acceder ó principio do artigo premiado, en inglés (para velo enteiro, tedes que ser suscriptores de Gourmetour).

Podedes ler algúns traballos de Henrique Mariño nos seguintes enlaces:

La Luna – El Mundo, 4-5-2001

La Luna – El Mundo, 2001

El Mundo viajes, noviembre 2001


(Para os que non coñezan a Henrique Mariño, informámosvos que os seus pais teñen unha zapatería na rúa Coruña)

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¡Ostras, Henrique! Cuánto tiempo sin saber de él. Enhorabuena macho. Te lo mereces.

9/2/06 22:39

 
Anonymous Anónimo said...

Enhorabuena, Enrique!!! Espero que pronto vuelvas para tomar algo por aquí. Me alegro mucho que un chaval magnífico y un carballés orgulloso obtenga estos éxitos.

10/2/06 09:25

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner