Touriño di que “practicamente” hai acordo para suprimir as peaxes de Rande e A Barcala, pero non menciona a de Carballo
Onte, a páxina web da Xunta de Galicia ofrecía a seguinte información: http://www.xunta.es/noticia?id=0902rande
Aínda que chamando á prudencia, o presidente da Xunta dixo que case estaba acordada a supresión das peaxes dos tramos de acceso ás cidades da Coruña e Vigo.
Sen embargo, chama a atención que o presidente da Xunta non mencione en ningún momento outra reividicación histórica en canto á eliminación de peaxes como é a AG-55 Coruña-Carballo. Especialmente porque tanto el coma o candidato do BNG e agora vicepresidente prometeran durante a campaña electoral a gratuidade da autovía.
Os enlaces, que xa mencionamos non hai moito, eran os seguintes:...
8-6-2005 9-6-2005 7-6-05 2-6-05
Tamén hai que lembrar que hai poucas datas Axober realizaba unha nova petición para suprimir a tasa de utilización da autovía, e que o propio alcalde carballés Evencio Ferrero foi durante anos o lídes da chamada Plataforma pola Autovía Gratuíta, da que agora non se sinte falar.
Seguiremos agardando acontecementos.
Enlaces relacionados:
Axober reclama la supresión del peaje y el alcalde dice que hay “posibilidades” de conseguirla
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home