Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, febrero 13, 2006

Os propietarios dos terreos da zona de Facenda fan realidade as súas ameazas


Tal e como xa advertiran no seu momento, os propietarios de terreos no entorno do edificio de Facenda tentaron nesta fin de semana executar o corte das rúas que pasan polas súas propiedades. Finalmente non o conseguiron, e de feito a policía procedeu a deter ó conductor do camión que transportaba as pedras coas que se pretendía impedir o paso de vehículos.

Segundo os afectados, a súa paciencia desbordouse ante a concesión de licencia para construir nun solar pegado ó polígono, xa que eles reclaman que o seu chan sexa considerado como solo urbano consolidado, sen necesidade de desenvolver un polígono para poder edificar nel.

Este asunto xa fora tratado nun artigo anterior de Carballo Dixital, e non semella que se lle vexa unha fácil solución a curto prazo, pois a Lei debe ser igual para todos.

O máis curioso sen dúbida foron as declaracións do concelleiro de Urbanismo Manuel Andrade dicindo que se trataba dun problema “heredado”. Efectivamente trátase da súa propia herencia (daqueles polvos veñen estes lodos), deixada na súa anterior etapa como concelleiro no goberno da CPG. Andrade herédase a si mesmo.


Enlaces relacionados:

Problemas urbanísticos poderían causar o corte de varias rúas

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Está muy bien que los propietarios de los terrenos "cedidos de palabra" le reclamen ahora al que, por lo que parece, no respeta lo acordado hace 20 años.Vemos que este señor ha resurgido de sus cenizas y preparémonos todos para el "polvo" que nos está metiendo...
Cuando veamos el centro comercial en la plaza del pueblo nos acordaremos de aquel alcalde del bloque que hablaba de un bó lugar para vivir (a lo que se llega por seguir saliendo en la foto)

13/2/06 21:14

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner