Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, febrero 14, 2006

De Cances á Brea: un novo conflicto polos residuos de obra


De seguro que moitos dos nosos lectores lembraran o conflicto que na pasada lexislatura se producira na parroquia carballesa de Cances. A Xunta de Galicia tiña previsto realizar un vertedoiro para escombro de obra nun dos buratos abertos no Monte Neme durante a súa explotación como canteira. A forte oposición dos veciños, que temían que os residuos contaminasen as fontes das que se servían, fixo que se detivese e se abandoase o proxecto. De feito, fixérase famosa aquela frase “co vertedoiro de Varela vainos sair a auga marela”, pois, pese a que o propio Concello mostrara a súa oposición ó vertedoiro, o movemento naquel asunto enfocárase contra o alcalde.

Pois varios anos máis tarde...


... atopámonos cun caso sorprendentemente similar. Agora desenrólase na parroquia da Brea, onde a empresa Desguaces Lema ven de dar un novo uso á canteira coa que conta hai xa anos, para a reciclaxe de residuos de construcción. Tamén aquí os veciños temen que este actividade poida ocasionar a contaminación dunha fonte que alimenta as súas casas. Por este motivo, nas últimas datas teñen impedido o paso dun dos camións que transporte estes residuos.

Pese a todo, o propietario da canteira afirma ter o permiso da Xunta e tódolos papeis en regla, ademais de asegurar que alí non hai unha escombreira, senón unha planta de reciclaxe onde se seleccionan os materiais, e unha vez distinguidos, volve a dárselles saída. Haberá que seguir atentos ós acontecementos.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner