Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, febrero 21, 2006

Outra lenda urbana


Onte publicábase este comentario anónimo en Carballo Dixital:

"xa que estamos con isto do periodismo civil, que sabemos dun tema que me contaron xa varias persoas sin ter relación entre elas:
un vehículo que, de noite, dende fai duas semanas, anda na estrada de carballo a coristanco coas luces apagadas e intentando botar fora da estrada a calqueira que lle de luces.
¿é unha nova lenda urbán??
¿é posibel que, se resulta certo, a garda civil ou a policia local destas duas localidades non faga nada nin avise a poboación??
a ver se podedes ou sabedes algo."

E hoxe mesmo, Valentine Michael Smith enviábanos o seguinte email:

"A propósito de un comentario anónimo que he leído en su página sobre un coche que circula sin luces echando de la carretera a otros coches, quiero decirles que a mi me ha llegado la misma historia.

En la versión que me contaron a mí no sucedía en la carretera de Coristanco, pero consistía en varios tíos que se dedican a perseguir a gente por la noche en carreteras solitarias, asustarlos intentando echarlos de la carretera, y una vez parados, robarles amenazándolos con bastante violencia. La persona que me lo contó era creíble, decía que le había pasado a un conocido, y que el miedo a represalias impedía a la gente ir a denunciarlo.

No sé si la historia es verdadera o no, y supongo de serlo las autoridades quizá intentarían que no se formase demasiada alarma. En cualquier caso me parece que el rumor se está extendiendo demasiado como para taparlo. Debería aclararse si se trata de una leyenda urbana o no, y quizá la condición anónima de su página anime a la gente a denunciarlo y a probarlo, aunque todos deberíamos ser prudentes en una cuestión así.

En definitiva creo que deberían ustedes recoger este tema, dándole el tratamiento que consideren más apropiado."


O certo é que, nos últimos días, existe ese ruxe-ruxe (con distintas variantes), que tamén lle chegou a varios dos/as que formamos Carballo Dixital. Como somos absolutamente escépticos ó respecto, miramos un pouquiño en internet, e podemos confirmarvos que se trata doutra lenda urbana. Como se ve, hai quen non ten outra cousa que facer.

Aquí vos deixamos algúns enlaces onde se repite a mesma historia:

www.pueblopaleto.com
info.dreamers.com
www.bikezona.com

robertonline.bitacoras.com
www.universotv.com


Acabamos cunha cita de Albert Einstein:
"Sólo dos cosas son infinitas, el universo y la estupidez humana... y no estoy seguro de lo primero."



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Home, non como lenda urbana, senón como noticia real, aparecía a semana pasada na prensa escrita (desculpade que non lembro en que xornal) de que algo así pasara na zona do Levante, que un día de madrugada uns "graciosos" se dedicaron a perseguir a un automobilista dándolle luces, adíantándolle e freándose... até que o pobre home, na súa ansia por escapar, se pegou a bofetada do século a máis de cento setenta por hora.

21/2/06 12:26

 
Anonymous Anónimo said...

O problema destas lendas urbanas é que haxa algún descerebrado que queira facelas realidade.

21/2/06 12:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner