Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, febrero 20, 2006

Periodismo cidadán


Probablemente para moitos de vós a palabra bitácora non era unha novidade nin moito menos, e de seguro que xa coñeciades e visitabades a diario blogs de temática variopinta. Sen embargo, somos perfectamente conscientes de que, para outros moitos carballeses menos afeitos a navegar pola rede, Carballo Dixital foi unha iniciativa soprendente e extraña. Por unha parte, porque o formato non é nin un xornal dixital, nin tampouco unha páxina de vivencias persoais. E por outra parte, porque nos consta que algúns dos nosos lectores non entenden (e censuran) a nosa decisión de permanecer no anonimato.

A este respecto, cremos que resulta conveniente aclarar e explicar que a idea de crear unha bitácora anónima, á marxe dos medios de comunicación convencionais, que recolla as novas e opinións da actualidade, dándolle voz a todo aquel que teña algo que decir, non foi, nin moito menos, idea nosa. Todo o contrario, trátase dun fenómeno mundial que está a provocar un profundo debate entre periodistas e comunicadores de tódolos países, e que sobre todo está a transformar por completo a forma de entender a información e a súa difusión.

Nestes momentos atopámonos ante un auténtico “boom” do que se ten dado en chamar “periodismo cidadán” (civil journalism) ou “periodismo 3.0”, esto é, un paso máis aló da “blogosfera” ou “blogocousa”, na que os propios cidadáns non se limitan a opinar de canto lles rodea e permitir comentarios ó respecto, senón que se converten nos propios transmisores de información, conformando unha alternativa ós medios tradicionais.

Quizais este artigo publicado no blog Mangas Verdes sexa o máis significativo ó respecto:...


“Tres son los planteamientos principales que se dan en la blogosfera en torno a la relación entre bitácoras y periodismo: a) los blogs son la alternativa al periodismo; b) son un complemento; c) no son nada con respecto al periodismo. Y lo cierto es que quizás sea todo eso y nada de eso a la vez.
Si partimos de la base de que las bitácoras no son más que una herramienta no nos será difícil admitir la multiplicidad de sus usos y funciones. Los blogs son alternativa al periodismo allí donde los medios no pueden o no quieren llegar. Son un complemento en su relación con la ciudadanía, en la potenciación de la conversación con los lectores y en el establecimiento de una red de información y opinión ajena, en principio, a dictados comerciales o editoriales. Y también pueden no ser nada al respecto, porque la multiplicidad de contenidos e intenciones es tal que esa misma relación podríamos establecerla con la literatura, la informática, la economía, el deporte o la justicia.
Hay periodistas que escriben bitácoras y periodistas que leen bitácoras también. Hay bloggers que aspiran a ser periodistas y bloggers que no. Hay periódicos que integran blogs o enlazan la blogosfera y periódicos que la odian… Pero sólo hay algo seguro: el periodismo ya no será nunca el mismo: millones de personas en todo el mundo leen, observan, critican, opinan, denuncian y comparten en la Red esa misma información que nutre a los medios. Es, diríamos, un ejercicio de metaperiodismo popular, donde la figura del protagonista está extraordinariamente repartida. Es, quizá, lo que se ha dado en llamar ‘periodismo ciudadano’. El fin del monopolio de la comunicación. La información democrática y compartida”.

O periodismo cidadán estase a extender coma a pólvora por todo o planeta, a tal velocidade que os propios medios convencionais están a incorporalo nos seus esquemas, dada a imposibilidade de facerlle fronte. De feito, actualmente a cadea OhMyNews, baseada no periodismo cidadá, é líder de audiencia en Corea do Sur, mentres se poñen en marcha grandes iniciativas similares en Israel, Estados Unidos e Europa. En España temos o exemplo de Hispalibertas, o primeiro periódico cidadán de España (www.hispalibertas.com), creado a partir dunha das primeiras bitácoras que existiu no noso país, e que ofrece unha amplitude de información realmente sorprendente.

Nos seguintes enlaces podedes coñecer opinións e informacións varias en torno a este asunto, a destacar as de Periodista21, premiado coma a mellor bitácora periodística en español no 2004:

Periodistas21.blogspot.com: Periodismo ciudadano en el 7J

Periodistas21.blogspot.com: El Correo se abre al periodismo ciudadano

Chasqui.com: Periodismo ciudadano: voces paralelas a la profesión periodística

Iblnews.com: Yahoo se apunta a la moda del periodismo ciudadano

Albertocairo.com: Periodismo ciudadano y supervivencia

Puc.cl: Los blogs ¿el nacimiento del “periodismo ciudadano”?

PúblicasOnline.com: Periodismo ciudadano, una nueva estrategia informativa

Luarnet.com: Periodismo ciudadano

Como podedes comprobar, Carballo Dixital non é en absoluto un “invento raro”, como algúns pensan. Todo o contrario, é a nosa modesta aportación a nivel local a un proceso de transformación que vai cambiar a comunicación no século 21, e que ten por obxectivo acabar cos monopolios e coa manipulación da información, facéndoa accesible e transmisible por tódolos cidadáns.


O anonimato

Esta é, posiblemente, a cuestión que máis extraña ou molesta entre algúns dos nosos lectores. Vaia por diante que temos dereito ó anonimato: "El anonimato de las comunicaciones está vinculado no sólo a la vida privada y la protección de datos, sino también a otros derechos como la libertad de expresión de los usuarios. El anonimato facilita el participar libremente en la red sin temor a ser seguido por las opiniones que se emitan." (Alfa-Redi: Revista de Derecho Informático).

Pese a que xa no seu momento demos explicacións sobradas sobre os motivos que nos levan a non revelar a nosa identidade, e que consisten esencialmente na pretensión de non vernos presionados/as por ningún motivo e por ningunha persoa, cremos interesante ofrecer algún enlace no que se trata este aspecto:
Blogs y anonimato: es posible
La reciente censura ejercida contra Wang Yi, finalista de los BOBs, por el gobierno chino no es sino una prueba más de que los 'blogs' son una mosca cojonera en los bigotes de los poderosos. No es que nos sintamos como Don Quijote pero ciertamente esta forma de publicar en Internet ofrece la posibilidad de denunciar todo tipo de injusticias de un modo anónimo….”
(Jabalí Digital, premio ó mellor blog periodístico 2005)

Como podedes apreciar, non só se admite a conservación do anonimato, senón que se considera un requisito, en ocasións, indispensable para poder conservar intacta a liberdade de pensamento sen verse limitada polas presións dos poderosos.

Agradamos que estas explicacións teñan sido de utilidade para os nosos lectores, e que lles teñan axudado a entender mellor o que é Carballo Dixital. Esperamos as vosas colaboracións.


7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

anonimato + imparcialidad = correcto
no anonimato + parcialidad = correcto

anonimato + parcialidad = incorrecto

20/2/06 13:05

 
Blogger Carballo Dixital said...

"anonimato + imparcialidad = correcto
no anonimato + parcialidad = correcto
anonimato + parcialidad = incorrecto"

Perfecto. Ahora sólo falta que tú determines qué es y qué no es imparcial, y ya estamos como con el Consejo Audiovisual de Cataluña (censurado por las organizaciones internacionales de periodismo por equivalente a censura).
¿Vale criticar al gobierno tripartito? ¿Vale exponer nuestras opiniones? Si no coincidimos con tu opinión, ¿tenemos que identificarnos para que tú u otros puedan represaliarnos? (Por cierto, tú no te identificas, ¿vas a hacerlo cada vez que seas parcial en un comentario? ¿O es que tú y sólo tú nunca vas a dejar de ser imparcial?

20/2/06 14:02

 
Anonymous Anónimo said...

Bonito debate o que queda aquí formulado, si señor, e da para máis de unha tarde de leria.

Case comparto o comentario inicial, e digo case porque a ninguén debe coartárselle a liberdade de expresión, salvo casos graves que dende logo aquí non se dan.

Pero tamén non é menos certo que moitas veces o dereito á liberdade de expresión se usa sen cancelas, e ampararse no recurso do anonimato (como eu, efectivamente) lle permite a un liberarse dunha forma menos comedida e ás veces desproporcionada (por exemplo, ao mellor ningunha persoa autoidentificada implicaba tan directamente como aquí se fixo á CIG nos sucesos da estación de buses de Carballo carecendo de ningún tipo de probas nin bases fundadas, que non as hai).

En calquera caso, é un debate importante pero á vez baldío. Efectivamente, aínda que eu non saiba quen está detrás de Carballo Dixital (que si o sei) si me fago facilmente unha idea de quen é e como pensa, e contra esa forma de pensar é contra a que eu argumento. Xa que logo, que máis me dará argumentar contra Juan Pérez López, de 50 anos e de Madrid, un supoñer, que facelo contra Carballo Dixital. Mentres se trate dunha discusión de ideas (e non haxa outras consecuencias, que evidentemente non é o caso), a min dame igual coñecer máis ou menos da identidade do outro, impórtame poder debatir en liberdade e, iso si, un punto ao voso favor, poder facelo sen que se me censure nin unha soa liña.

Porén, xa digo, isto da para un longo debate. Entre tanto, a seguirmos todos para diante.

Unha aperta.

20/2/06 14:46

 
Anonymous Anónimo said...

xa que estamos con isto do periodismo civil, que sabemos dun tema que me contaron xa varias persoas sin ter relación entre elas:
un vehículo que, de noite, dende fai duas semanas, anda na estrada de carballo a coristanco coas luces apagadas e intentando botar fora da estrada a calqueira que lle de luces.
¿é unha nova lenda urbán??
¿é posibel que, se resulta certo, a garda civil ou a policia local destas duas localidades non faga nada nin avise a poboación??
a ver se podedes ou sabedes algo.

20/2/06 15:56

 
Anonymous Anónimo said...

yo soy imparcial, te lo puedo asegurar, imparcial total... es algo que me gusta en mi vida, ser imparcial en todo...

lo que sí puedo decir a vuestro favor es que sereis parciales o sereis de donde sea, pero por lo menos censura sí que no hay.

Un saludo
El carballes imparcial jajajaja

20/2/06 17:07

 
Anonymous Anónimo said...

o dA censura non é verdade a min cortaronme varios comentarios, que loxicamente non lle interesou comprobar si eran certos,

de todo hai

20/2/06 17:29

 
Anonymous Anónimo said...

É certo que o blog é un fenómeno necesario. É certo que está moi ben que os cidadáns teñan un foro para opinar libremente, anónimamente ou non. É tamén é certo que estades no anonimato en "carballodixital" pero a vosa ideoloxía e tendencias non enganan a ninguén. Nótase en cada liña e cada palabra. Pero eso non fai dano a ninguén. No que discrepo abertamente é no que se lle chame a este fenómeno periodismo. Síntoo, pero saber escribir ben non é ser periodista. Tampouco enterarse de cousas. Tampouco saber opinar e estar ó tanto da realidade. Ser periodista é algo máis. Os blogs son foros de opinión. Os diarios, as radios e as televisións, e outras formas de expresión que teñen a intención de informar son periodismo. Podedes pensar que o sistema é imperfecto, que está parcializado polo poder detrás dos medios, que é o que paga os salarios. O que queirades. Pero un periodista con toda a formación necesaria é a única persoa que ten os datos necesarios para ser imparcial, decida logo selo ou non. Para eso estudiou e para eso ten un estatus que lle permite facelo. É denostada a profesión de periodista. Pero é unha profesión e o mesmo que un calquera non pode mañán poñerse a dar clase, por exemplo (por fácil que pareza eu son mestre e todo o mundo di que qué facil é; gustaríame velos alí), un calquera non pode exercer coma periodista. Por eso que vivan os blogs, como blogs. Pero que non se fale de periodismo, senón de liberdade de expresión. E que vivan os periodistas como periodistas.

23/2/06 13:39

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner