Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 22, 2006

O temporal causa cortes de luz en toda a Costa da Morte



Unha vez máis (e van...), as comarcas da Costa da Morte estivemos entre as máis prexudicadas de Galicia por mor do temporal que sacudiu a nosa costa durante esta fin de semana.

E non foi tanto por destrozos materiais coma polo eterno “via-crucis” que levamos tantos anos sufrindo: os permanentes cortes de luz. Se ben é certo que nesta ocasión tivemos noticias de cortes mesmo na cidade da Coruña, non é menos certo que os cortes se extenderon polas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra coma cada vez que sucede un destes fenómenos.

Máquinas averiadas,...problemas informáticos, negocios paralizados, algunas produccións estragadas… Chove sobre mollado (qué ironía), e empezamos a estar un pouco fartos de tanta queixa, tanta promesa, e tanto incumprimento.

Vale que estamos na Costa da Morte, e o nome fala por si solo. Pero ¿é tan difícil poñer un servicio eléctrico de maiores garantías? Se cadra é que temos a boa /mala sorte de vivir nun lugar onde a natureza mostra toda a súa violencia, pero tamén pagamos impostos coma a xente da cidade. Non o esquezamos.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner