Andrade empeza a soltar amarras
Vortex fainos chegar esta crónica:
O pasado sábado celebrouse no Pazo da Cultura de Carballo a presentación do último (polo momento) partido de Andrade (imos contar: UCD, AP, CPG, CDS, nonato Partido dos Cazadores, casi PSOE, CDI, Terra Galega,… de momento van 8, se non nos esquecemos de ningún).
Os asistentes poidemos escoitar as consabidas consignas para crédulos: que van obter a maioría absoluta en Carballo, en Galicia e no mundo mundial; que son imprescindibles na política galega (normal, deste tipo de persoeiros é imposible prescindir en ningún sitio); e ata tivemos o pracer de escoitar ás xuventudes do novo partido, representadas no acto por unha persoa de menos de 50 anos.
Pero o máis interesante veu, como sempre, da man de Andrade, que nestas cousas non acostuma a defraudar. Para o que queira ler, tomei algunhas notas apresuradas durante o acto do que dixo o noso prócer, a saber: que se sinten chantaxeados por BNG e PSOE; que as obras (¿) que se están facendo en Carballo fainas todas o CDI (vamos, que os demáis están de adorno no goberno); que discrepa co BNG e co PSOE porque pretenden destinar os presupostos municipais a cuestións ornamentais, e non a cuestións importantes (á vista disto, non entendemos como votou a favor dos orzamentos anteriores; pero supoño, polo que dixo, que vai votar en contra dos próximos Orzamentos ¡ja, ja, ja…, qué coñero é este Andrade!); que dúas terceiras partes dos gastos se dedican a gastos corrientes, e non queda case nada para inversións (neses dous tercios está incluido o seu soldo, do que por certo non falou); que os que antes falaban da autovía cada dous por tres, agora están calados.
En definitiva, que se leva a partir un piñón cos seus “amigos” do tripartito, así que haberá que esperar próximos acontecementos: ¿botarano ou marcharase el? That is the question.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home