Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, febrero 24, 2006

Cine en Carballo



A través de internet pódense mercar as entradas para ir ó cine en Carballo, dunha maneira moi sinxela e con posibilidade de escoller butaca.

Só tedes que entrar na páxina www.entradas.com, seleccionar provincia -> cine -> Multicines Bergantiños -> e ¡voila!, veredes tódalas películas en cartel, coa ficha de cada unha e os horarios de emisión de toda a semana. Basta con seleccionar a sesión á que queirades asistir e xa podedes mercar o número de entradas que desexedes, elixir a butaca (no caso de que sexa sesión numerada), e pagar coa tarxeta de crédito. Eso si, cobraranvos unha comisión de 70 céntimos por entrada.

Outra posibilidade é pinchar neste enlace e accederedes ás películas actualmente en cartel nas 5 salas dos Multicines, con ficha, argumento, puntuación e crítica incluidas para cada filme. Esta páxina só permite mercar as entradas se sodes clientes do Banco Pastor.

Outra páxina excelente é Filmaffinity. Non contén específicamente a carteleira de Carballo, pero non hai mellor páxina de cine. Podedes ver o trailer, o reparto, resumes das críticas publicadas na prensa de todo o mundo, críticas dos afeccionados, puntuación que lle otorgan a cada filme, etc.. Para todo iso, só tedes que escribir o título do filme no “buscador de películas” da páxina. Ademáis, podedes puntuar as películas e, dacordo coas vosas puntuacións anteriores, a páxina atopará persoas afíns ós vosos gustos e poderedes ver a puntuación que elas lle dan a outras cintas, o que vos servirá de orientación.

Tamén vos recordamos que o Diario de Bergantiños publica un cupón de desconto para os Multicines Bergantiños. Presentando ese cupón en taquilla, os luns, martes e mércores aforraredes 1,10 euros (davos para o prezo do periódico e ainda vos sobran 10 céntimos).


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner